Con motivo da celebración das Letras Galegas, o alumnado de 3º de EP, asistimos ao Teatro Jofre convidados polo Concello de Ferrol a ver una representación teatral de “Rubicundo”, novela escrita por María Canosa e finalista premio Merlín de Literatura Infantil 2014.
Trata
das peripecias dunha nena chamada Erea, que salta polas noites da cama
cando sente o renxer dunha bicicleta na que sae o seu enigmático veciño
Rubicundo, co seu traxe e sombreiro de copa, para desempeñar o seu
insólito oficio: cosedor de ventos.
Resultounos moi divertida, e ao remate da representación puidemos falar cos personaxes e retratarnos con eles!!!!!
Premer na imaxe para vela a tamaño orixinal