xoves, 20 de decembro de 2018
luns, 10 de decembro de 2018
NOVIDADES 2018/2019
Benvidos/as ao curso 2018/2019. A mascota do cole Recimil, Zongalo Quirico, di "ola" a todos.
Un ano máis , temos novas catalogacións:
- Novas Aventuras de los Cinco.
- Debajo de la Tierra/debajo del agua.
- Veo,veo una cosa de color...
- Aventuras de Zoé.
- Bromas pesadas.
- Mortiña.
- Diario de Greg nº 13.
- Nos vamos a pasear por el sistema solar.
- O espazo.
- e outros libros máis..........
Temos moitos cómics na biblioteca para ler.
martes, 26 de xuño de 2018
martes, 19 de xuño de 2018
Entrega de diplomas e agasallos
Xoves 14 de xuño:
Entrega de diplomas ao alumnado de 6º EP que colaborou na biblioteca durante este curso. A todos/as lles damos MOITAS GRAZAS e lles desexamos moita sorte e ... moitas lecturas no instituto!
E tamén houbo tres agasallos para nenos/as que máis libros pediron emprestados:
PARABÉNS!
Entrega de diplomas ao alumnado de 6º EP que colaborou na biblioteca durante este curso. A todos/as lles damos MOITAS GRAZAS e lles desexamos moita sorte e ... moitas lecturas no instituto!
E tamén houbo tres agasallos para nenos/as que máis libros pediron emprestados:
3º: Javier (3º A) e 2º: Marco (6º B)
(Os máis "LEÓNS"!)
1º: Marinela (4º B)
(A máis "LEONA"!)
PARABÉNS!
Premer na imaxe ou visitar o álbum da galería da páxina web: Entrega premios/agasallos.
venres, 25 de maio de 2018
VISITA DE ANTÓN CORTIZAS - XOGOS TRADICIONAIS
Antón Cortizas visitou a nosa biblioteca (o 15 e o 22 de maio) para ensinar xogos tradicionais ao noso alumnado.
Xogos con EI:
- Paxariñas de papel ... que voaban!
- Lío,lío.
- Roda cunha canción: AS ABELLIÑAS de S. MIGUEL.
Fotos do obradoiro de EI publicadas na galería da páxina web, no álbum: Xogos_Antón Cortizas_EI
Xogos con 1º e 2º EP:
- Xogo cunha canción.
- De novo, unha paxariña de papel, que os nenos ían recortando para facela voar.
- Un son de bufo.
- Unha mestra de 1º ofreceuse para participar xunto con Antón.
- Unha paxariña de papel.
- Son dun instrumento con canas.
- Xogo do "bico do galo".
Xogos con 5º e 6º EP:
Enlace á páxina web onde tres nenas de 5ºA nos contan como foi a sesión.
Fotos dos obradoiros de EP publicadas na galería da páxina web, no álbum: Xogos_Antón Cortizas_EP
Os nenos/as pasárono moi ben e aprenderon novos xogos.
Na biblioteca temos o libro de Antón Cortizas TASTARABÁS, no que se poden atopar estes e moitos máis xogos.
Enlace á páxina web onde tres nenas de 5ºA nos contan como foi a sesión.
Fotos dos obradoiros de EP publicadas na galería da páxina web, no álbum: Xogos_Antón Cortizas_EP
Os nenos/as pasárono moi ben e aprenderon novos xogos.
Na biblioteca temos o libro de Antón Cortizas TASTARABÁS, no que se poden atopar estes e moitos máis xogos.
mércores, 16 de maio de 2018
NOVIDADES DE MAIO
O curso está a rematar e seguimos catalogando máis libros na biblioteca para telos preparados para o seguinte curso :
- Pioneira
- Emoticuentos
- Samuel casi no tiene miedo
- Mi primer Principito
- Mi primer Zoo
- Mi primer Larousse de la Naturaleza
- Marcopola 4. Avoa Power
- O sombreiro do mago
- Álbum de bichos
- El camello
- El bebé jefazo
- Rimas para enero y para todo el año
- Mi primer libro de poesía
- El gigante más elegante
- Tímida
- Formigas 4
- Lechuza Detective 4. La amenaza payasa
- Lola Pimienta y el ladrón de la Feria
- Billie B. es la mejor
- Billie B. es muy especial
Xa tedes boas lecturas!
mércores, 2 de maio de 2018
VISITAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FERROL
Moitos nenos e nenas do cole visitamos neste curso a Biblioteca Municipal de Ferrol.
No mes de marzo foi alumnado de E. Infantil. Pódese acceder ao contido publicado na web premendo aquí .
No mes de abril, que conmemoramos o Día do Libro, foi alumnado de E. Primaria.
Premendo aquí pódense ver as fotos da Web.
Premendo aquí pódense ver as fotos da Web.
Ensináronnos todas as dependencias da biblioteca, explicáronnos as normas de funcionamento, e ao final estivemos vendo moitos libros na sección infantil.
Animáronnos a facernos socios, algúns fixémonos, outros xa eramos.
xoves, 26 de abril de 2018
DÍA DO LIBRO
Cun "APADRIÑAMENTO LECTOR" celebramos este ano o Día do Libro, o luns 23 de abril.
O profesorado do equipo de biblioteca organizou esta estupenda actividade que consistiu na lectura de contos do alumnado maior (de 3º a 6º de EP) ao máis pequeno (EI, 1º e 2º de EP).
A lectura podía facerse en calquera espazo do colexio! E como tivemos a sorte de gozar dun día soleado ... non foron poucos os nenos e nenas que decidiron facer estas lecturas no patio. Outros decidíronse polas aulas, polos corredores e mesmo polas escaleiras.
Un bo conto, boa compañía e un lugar cómodo ... ingredientes suficientes para conmemorar este día.
mércores, 25 de abril de 2018
NOVIDADES DE ABRIL
ESTE MES ESTÁ CHEO DE NOVIDADES PARA TODOS:
XA TEMOS NOVOS DVDs:
XA TEMOS NOVOS DVDs:
- SPACE DOGS (Aventura en el espacio)
- MONSTRUOS
- PETER PAN
- LA CASA DE MICKEY MOUSE (Aventuras en el agua)
- LA CASA DE MICKEY MOUSE (Mickey y Donald tienen una granja)
- LA CENICIENTA
- ZOOTRÓPOLIS
- TARZAN
- ANGRY BIRDS (La película)
- EL VIAJE DE ARLO
- UP
- ALAS (A salvo sobre cubierta)
- ENREDADO
- Te quiero, abuelo
- 1, 2, 3, ¡a contar cacas!
- El travieso Jojó
- El abejoso
- Violeta quiere ser vampiro
- El gran libro de la naturaleza
martes, 17 de abril de 2018
Visita á biblioteca do escritor Carlos López (Chinto)
Falounos do seu traballo como xornalista e de que todos os días ten que pensar
unha tira cómica para tratar no xornal un tema de actualidade.
Todo o alumnado de 4º lemos este curso un libro escrito por el e ilustrado
por Pinto, titulado “Cámbiache o conto”. Nel ofrécennos a súa peculiar versión dos contos
clásicos (Carrapuchiña Vermella, O frautista de Hamelín, Cincenta,…) aos que
lle dan una reviravolta á súa maneira e fanos rematar dun xeito cómico.
Ensinounos “Minimalario”, outro libro escrito por eles no que aparecen
animais comúns, que eles transforman, tamén con humor, nos máis sorprendentes e
surrealistas do mundo.
Foi una sesión moi divertida, pasámolo moi ben e ao final “Chinto”
asiniunos cunha dedicatoria os exemplares que nós temos de “Cámbiache o conto”.
Premendo aquí pódense ver todas as fotos da sesión.
Premendo aquí pódense ver todas as fotos da sesión.
martes, 27 de marzo de 2018
MURAL: PERSONAXES DE FERROL
Exposto o mural cos traballos sobre a nosa cidade que con tanta ilusión se fixeron nas aulas, co título:
PERSONAXES DE FERROL. Pintores, enxeñeiros e mulleres.
Desde a semana do 3 de abril os nenos/as de cada clase, xunto coas súas titoras, poden velo no corredor da biblioteca.
Na aula virtual da páxina web do centro hai publicadas unha relación de actividades elaboradas polo equipo TIC sobre os personaxes traballados. Pódese acceder premendo na imaxe da esquerda ou visitando o seguinte enlace:
Co estudo destes personaxes, o equipo docente de biblioteca quere dar a coñocer a cultura de Ferrol ao longo do tempo e no momento actual.
A vós, nenos e nenas de Infantil e Primaria, grazas polo traballo realizado e un saúdo de parte desta mascota que tanto vos aprecia.
ZONGALO QUIRICO
martes, 20 de marzo de 2018
Entrega carnés Educación Infantil
Xa temos novos lectores na biblioteca!
No mes de marzo, a nosa mascota Zongalo Quirico, deulles a benvida aos nosos rapaciños e rapaciñas de 3 e 4 anos. Xa contan co seu carné e co correspondente marcador.
Premer na seguinte imaxe para ver as fotos publicadas na galería, no álbum: Entrega carnés 4º-5ºEI
Etiquetas:
carnés,
Educación Infantil,
marcadores
domingo, 11 de marzo de 2018
Novidades marzo 2018
Novas lecturas para nenos e nenas de 5º e 6º curso:
En Castelán: Ojo de Nube - Chis y Garabís - Tranquilo, Max - El paso del Estrecho - De Chico a Chica - Verdadero o Falso - Tengo el aura un poco gris - Siete Secretos de Enid Blyton.
E ademais, noutro expositor seguimos completando con cómics (Mortadelo e Filemón, Zipi y Zape...), un "Diccionario de Mitología" e un libro de refráns entre outros.
Zongalo Quirico quere que pasedes un bo rato lendo con estes fermosos libros.
En Galego: A casa da Luz - O futuro roubado - A filla do ladrón de bicicletas - Muriel.
E ademais, noutro expositor seguimos completando con cómics (Mortadelo e Filemón, Zipi y Zape...), un "Diccionario de Mitología" e un libro de refráns entre outros.
Zongalo Quirico quere que pasedes un bo rato lendo con estes fermosos libros.
martes, 6 de marzo de 2018
Visita da escritora María Canosa
O día 28 de febreiro visitou a nosa biblioteca a escritora María Canosa, autora do libro infantil Muriel, que están lendo os alumnos/as de 5º e 6º de primaria.
Faloulles da súa infancia, de cando empezou a escribir, das ideas para empezar un libro, da súa traxectoria como escritora... ata que no ano 2017 recibiu o Premio Merlín de Literatura Infantil.
Aos nenos/as que non remataron de ler Muriel,
Premer na imaxe ou no enlace ao álbum María Canosa 5º-6ºEP para acceder á galería de fotos.
martes, 16 de xaneiro de 2018
Fotos de NOVOS CÓMICS 2018
XANEIRO vai de NOVAS LECTURAS de CÓMICS
No expositor da biblioteca tedes os cómics novos catalogados.
Zongalo Quirico envía as fotos e anima a que visitedes a biblioteca.
ZONGALO QUIRICO deséxavos BOAS LECTURAS cos CÓMICS
domingo, 14 de xaneiro de 2018
As novidades de xaneiro 2018
Zongalo Quirico quérevos presentar as primeiras novidades de 2018. Comeza o aninovo con estas lecturas:
-Os bolechas: O centro oceonográfico de Vigo.
- Baixo as mesmas NUBES. Ferrol Art Book.
-Magos do Humor: Mortadelo e Filemón:
-¡el carnet al punto!
-Euro Basket 2007
-Mundial 2006
-Bajo el bramido del TRUENO
-Especial Halloweeen
-LAS AVENTURAS DE TINTÍN:
-El loto azul.
-Los Cigarros del Faraón.
-Tintín en América.
-ASTÉRIX : EL Galo
-MORTADELO Y FILEMÓN :
- Mundial 82
- Bye Bye ,Hong Kong!
-Esos Kilitos Malditos
-Atlanta 96
-Los Verdes
-Os bolechas: O centro oceonográfico de Vigo.
- Baixo as mesmas NUBES. Ferrol Art Book.
-Magos do Humor: Mortadelo e Filemón:
-¡el carnet al punto!
-Euro Basket 2007
-Mundial 2006
-Bajo el bramido del TRUENO
-Especial Halloweeen
-LAS AVENTURAS DE TINTÍN:
-El loto azul.
-Los Cigarros del Faraón.
-Tintín en América.
-ASTÉRIX : EL Galo
-MORTADELO Y FILEMÓN :
- Mundial 82
- Bye Bye ,Hong Kong!
-Esos Kilitos Malditos
-Atlanta 96
-Los Verdes
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)