martes, 27 de marzo de 2018

MURAL: PERSONAXES DE FERROL

Exposto o mural cos traballos sobre a nosa cidade que con tanta ilusión se fixeron nas aulas, co título: 

PERSONAXES DE FERROL. Pintores, enxeñeiros e mulleres.

Desde a semana do 3 de abril os nenos/as de cada clase, xunto coas súas titoras, poden velo no corredor da biblioteca. 
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/aulavirtual2/course/view.php?id=35&section=1
Na aula virtual da páxina web do centro hai publicadas unha relación de actividades elaboradas polo equipo TIC sobre os personaxes traballados. Pódese acceder premendo na imaxe da esquerda ou visitando o seguinte enlace:


Co estudo destes personaxes, o equipo docente de biblioteca quere dar a coñocer a cultura de Ferrol ao longo do tempo e no momento actual. 

A vós, nenos e nenas de Infantil e Primaria, grazas polo traballo realizado e un saúdo de parte desta mascota que tanto vos aprecia.                                                                        
ZONGALO QUIRICO

martes, 20 de marzo de 2018

Entrega carnés Educación Infantil

                                   Xa temos novos lectores na biblioteca!

   No mes de marzo, a nosa mascota Zongalo Quirico, deulles a benvida aos nosos rapaciños e rapaciñas de 3 e 4 anos. Xa contan co seu carné e co  correspondente marcador.
   Premer na seguinte imaxe para ver as fotos publicadas na galería, no álbum: Entrega carnés 4º-5ºEI


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=506

domingo, 11 de marzo de 2018

Novidades marzo 2018

Novas lecturas para nenos e nenas de e 6º curso:
En Galego:  A casa da Luz - O futuro roubado - A filla do ladrón de bicicletas - Muriel.
 
En Castelán:   Ojo de Nube - Chis y Garabís - Tranquilo, Max - El paso del Estrecho - De Chico a Chica - Verdadero o Falso - Tengo el aura un poco gris - Siete Secretos de Enid Blyton.

 

E ademais, noutro expositor seguimos completando con cómics (Mortadelo e Filemón, Zipi y Zape...), un "Diccionario de Mitología" e un libro de refráns entre outros.

Zongalo Quirico quere que pasedes un bo rato lendo con estes fermosos libros.

martes, 6 de marzo de 2018

Visita da escritora María Canosa

      O día 28 de febreiro visitou a nosa biblioteca a escritora María Canosa, autora do libro infantil Muriel, que están lendo os  alumnos/as de 5º e 6º de primaria.
  
     Faloulles da súa infancia, de cando empezou a escribir, das ideas para empezar un libro, da súa traxectoria como escritora... ata que no ano 2017 recibiu o Premio Merlín de Literatura Infantil.

      Aos nenos/as que non remataron de ler Muriel,

di que lle custaba prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa...  e animounos a seguir lendo.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=501

Premer na imaxe ou no enlace ao álbum María Canosa 5º-6ºEP para acceder á galería de fotos.