luns, 21 de marzo de 2022
A Poesía ten a palabra
Día 21 de Marzo, día mundial da poesía. Con este día o que se pretende é apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística.
O voso amigo Zongalo convídavos a que veñades á biblio e leades algún dos nosos poemas!
21 de Marzo, Día Mundial do SÍNDROME DE DOWN
É amplamente aceptado que todos deberiamos ter as mesmas oportunidades, poder participar nas mesmas actividades, poder ir aos mesmos lugares e gozar das mesmas experiencias na vida. Pero a realidade é que as persoas con síndrome de down e discapacidade hoxe en día non se benefician dunha participación e inclusión plena e efectiva na sociedade, por iso o lema deste ano é: "Inclusión significa..."
Por iso pregúntoche, que significa para ti INCLUSIÓN?
E como podes axudar a que o mundo fala do día da Síndrome de Down?
Usando moitos calcetíns! Pero non calquera calcetín, usa calcetíns diferentes, brillantes, longos estampados, un só calcetín ou mesmo tres. Anímate!
xoves, 17 de marzo de 2022
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)