Moitas felicidades!
Amosando publicacións coa etiqueta Concursos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concursos b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 18 de xuño de 2009
Calvin quere beber
Moitas felicidades!
Etiquetas:
Biblioteca máxica,
Concursos,
Premios
mércores, 17 de xuño de 2009
Alicia atopou o chupete
Claro, eles berran, porque son nenos, pero non é algo que me volva tola.
Onte a visita foi como cando abres unha billa e sae auga a esgalla. Ao soar a serea do recreo saíron todos a trote, buscando e preguntando onde estaba o chupete (do concurso). "Onde, onde está!" Ian daquí para alá, así un bo pedazo. De súpeto, mentres eu falaba cun neno, todos dicían: "Aquí! Aquí!" Xa se sabe como son os nenos, un o adiviña e todos os demáis repiten a mesma cantinela. Por fin, entre todos recoñeceron que a que primeiro o vira fora... Tachán!...
ALICIA, de 5ºB.
Non hai dúbida de que Alicia é unha grande observadora. Moitas Felicidades!
Agora só resta que os mestres atopen quen quere beber auga! (Os nenos tamén mo dixeron onte).
Etiquetas:
Biblioteca máxica,
Concursos,
Premios
venres, 12 de xuño de 2009
Concurso para profes e... propina!
Rematando o curso, case rematada a primeira fase do mural, chegan os últimos concursos da Biblioteca Máxica. Aproveitade a oportunidade de participar!
O primeiro concurso é o que lles tocaba aos/ás profes. Esta é a pregunta:
E como propina, facemos outro concurso para os nenos, que foron os máis participativos. E a pregunta para eles é esta outra:
Quen quere beber auga?
Onde hai un chupete?
Sorte!
xoves, 11 de xuño de 2009
Xa hai (nai)... gañadora
Hoxe chegoume por correo electrónico unha mensaxe da mai de Sabela, de 1ºB:
A frase é de Goethe e está xusto no estremo da Biblioteca Máxica que ten fondo azul e tema espacial.
¡Moitas felicidades!
Son a nai de Sabela de 1ºB e penso que a cita e:
"Podrían engendrarse hijos educados si lo fuesen sus padres".
¡Moitas felicidades!
luns, 8 de xuño de 2009
Concurso para os pais
Pois si. E foise toda contenta, porque esa era a solución ao xogo desta vez, o dos nenos.
O premio foille entregado hoxe.
Candela tivo moito mérito xa que desta vez non enviamos unha circular para avisar do concurso. É dicir, que Candela visitou o blogue e a Biblioteca Máxica, e isto ponme moi contenta.
Eu aínda non sei se a escasez de comentarios é debida a que o blogue non funciona ben ou temos no noso cole moita vergoña ou preguiza para participar. De todos os xeitos eu non penso cambiar e propoño agora o seguinte concurso, este para os pais.
A pregunta é
"En que cita se fala de nós os pais?"
Lémbrovos que podedes entrar no cole, visitar a Biblioteca Máxica sen medo, que para iso se fai. Para ver e participar. Animádevos.
martes, 2 de xuño de 2009
Concurso: gañadora das tres profes

Constanza enviounos esta mensaxe:
SE EU FOSE MOI, MOI DELGADO, PODERÍA ENTRAR NA CASA POLO BURACO DA PECHADURA.
Saúdos
Constanza
Así que xa hai desempate. Constanza é a gañadora do xogo das profes na Biblioteca Máxica. O vindeiro concurso será de novo para os nenos. Estade atentos a este blogue, rapaces!
xoves, 28 de maio de 2009
Quen gañou o concurso dos profes?
Agora véxome no trance de que non podo partir o premio en tres partes, así que despois de pensalo moito ocorréuseme unha idea: facer outro xogo para desempatar entre as tres.
Así que aí vai a pregunta para Tucha, Constanza e Sagrario:
Qué poderías facer se foses moi, moi delgado?
A resposta, nun debuxo da Biblioteca Máxica, como sempre.
martes, 19 de maio de 2009
Novo Xogo da Biblioteca Máxica, dirixido a PROFES!
Despois dos dous primeiros xogos ou concursos da Biblioteca Máxica, que foron dirixidos, primeiro aos nenos e logo aos pais, tócalle o turno agora aos/ás PROFES!
A pregunta é moi sinxela:
Que lle di a cor vermella ás outras cores?
O mellor é que podedes xogar tanto mirando as fotos do mural en Internet como ollando para os debuxos reais da Biblioteca Máxica no cole.
Animádevos, porque como sempre, haberá un libro de regalo para quen gañe.
Por outra parte Zongalo Quirico quere lembrarvos aos/ás profes que aínda segue aberto o xogo "Contos con Arte" que se convocou hai uns meses, cando empezou isto da Biblioteca Máxica. Con este xogo os vosos alumnos e alumnas poden escribir unha historia que:
- Ficará inmortalizada nos muros do colexio, na escaleira, cando se execute a 2ª etapa da Biblioteca Máxica (no verán).
- Os seus contos "estarán ilustrados" por algunha das mellores obras de arte de toda a Historia: Bisontes de Altamira, Murais do Exipto antigo, Giotto, Quinten Massys, Caravaggio, Goya, Mary Cassat, Picasso e Lucian Freud! Aí queda iso!
luns, 18 de maio de 2009
Contos con Arte - 3ºA
Ela seleccionou dous textos que son preciosos, para que eu escollera o definitivo, pero xa que traballaron tan ben penso que os dous merecen ser inmortalizados no mural.
Os demais grupos e cursos tamén están a tempo de traer historias sobre a imaxe que lles toque, para participar neste xogo. A parte dos "Contos con arte" aínda será engadida no verán, na 2ª fase do mural.
Pode parecer que este xogo é máis traballoso do que en realidade é. Todo depende de como se plantexe. Vai compensar ver os traballos dos nenos postos na parede, animádevos!
A propósito, moitas grazas, Laly.
Nota: por se queredes refrescar a memoria sobre o xogo proposto para todos os cursos do cole, aquí tedes as instruccións sobre como participar.
Etiquetas:
Aportes,
Biblioteca máxica,
Concursos
venres, 8 de maio de 2009
Xa hai gañadora para o concurso da Biblioteca Máxica
Hoxe, aínda que con moito retraso, comunicámosvos que xa hai gañadora para o concurso da Biblioteca Máxica adicado aos pais. É a nai de Alicia, de 5º B. Como dato curioso, teño que vos explicar que deu coa resposta correcta desde a súa casa, grazas ás fotos presentes neste blogue e nas galerías de Picasa sobre o mural.
Así que xa foi atopada a "Cynara Cardunculus".
Sempre procuramos que as fotos coa resposta das preguntas do mural estean en Internet, precisamente para que sexa posíbel participar por Internet.
Tras unha conversa cunha nai, que entendera mal de que ia todo isto, quixera lembrar que os concursos que facemos na Biblioteca Máxica, dirixidos alternativamente a nenos, pais e profes, están pensados para estimular a ver o contido -sobre todo o máis miúdo- da Biblioteca e de paso xogar e ver libros. Serven para achegarse e talvez animar tanto a nenos como adultos a participar en construír este grande proxecto, tanto véndo o mural como debuxando, escribindo, ou simplemente dando ideas. Quixera tamén lembrar que o mural e o anticipo do que será a nova biblioteca do CEIP Recimil, que vai ser unha referencia central na actividade do centro cando sexa trasladada á súa ubicación definitiva.
Habería que aclarar, quizá, tamén, que os libros aparecen en diversos idiomas. Tal como son os propios libros das bibliotecas reais. Hai libros en galego, castelán, inglés, mesmo porei algún en chino, en árabe, en francés... porque eu vou pintando libros que van traéndome, libros que queremos todos ou que facemos entre todos e por iso hai variedade. Por outra banda, os libros que están en galego normalmente son os que eu decido.
Por outra parte, volvendo ao tema dos concursos, os premios en sí son o de menos. Aínda que se trate de libros ou cousas relacionadas coas bibliotecas. O importante nos concursos non é gañar, é xogar e divertirse. Se iso non se consegue, deixamos de facelos e en paz.
O vindeiro concurso será para os profesores e profesoras do centro. E como sempre, gañará quen atope primeiro o debuxo misterioso.
Etiquetas:
Biblioteca máxica,
Concursos,
Premios
domingo, 26 de abril de 2009
Máis Concursos da Biblioteca Máxica
O primeiro concurso da Biblioteca Máxica gañouno unha nena. Moi probablemente, se os deixamos, os nenos serán sempre quen gañen os concursos, ninguén coñece mellor as personaxes dos libros infantís e as atopará tan rápido pintadas na parede.
De modo que para facilitar que os tres colectivos da comunidade escolar (nenos, profesores e pais) podan participar realmente imos facer que os concursos sexan cada vez dirixidos a un colectivo distinto.
Por iso, hoxe convócase o

De modo que para facilitar que os tres colectivos da comunidade escolar (nenos, profesores e pais) podan participar realmente imos facer que os concursos sexan cada vez dirixidos a un colectivo distinto.
Por iso, hoxe convócase o
SEGUNDO XOGO/CONCURSO
DA BIBLIOTECA MÁXICA
(só para nais e pais)
E a pregunta é...
Onde aparece a
Cynara Cardunculus?
Gañará quen descubra
antes a imaxe desta pranta.
DA BIBLIOTECA MÁXICA
(só para nais e pais)
E a pregunta é...
Onde aparece a
Cynara Cardunculus?
Gañará quen descubra
antes a imaxe desta pranta.
mércores, 22 de abril de 2009
Xa sabemos quen durmía na Biblioteca Máxica
Xa hai unha gañadora para o primeiro concurso da Biblioteca Máxica. Inés Sixto, de 5º B adiviñou quen durmía na Biblioteca. Mañá, ás 11,30 da mañá, no recreo, recibirá de mans de Carmen Martín o premio do concurso, que por suposto é de arte, e é un libro.
Tendo en conta que estamos na celebración do día do libro, e o propio tema da Biblioteca Máxica, non cabía outro agasallo mellor.
Non vos desanimedes por non gañar esta vez. Haberá moitas máis ocasións! Estade atentos a este blogue de Zongalo Quirico!
Un grande saúdo a Ánxela Loureiro, que hoxe veu polo cole para falar de que Ota quere voar.
Etiquetas:
Biblioteca máxica,
Concursos,
Premios
venres, 17 de abril de 2009
Comezan os CONCURSOS da Biblioteca Máxica!
Aproveito, antes de comezar, para contarvos que está xenial pintar no mural durante as horas do cole porque como previramos, os que me ven pintando sobre a andaimada día tras día implícanse moitísimo máis. E os nenos máis que ninguén. Estimúlame coñecer aos que observan o mural e cambia o modo de traballar. Aínda que quizá é unha manía mía, afeita ao contacto coa xente cando fago o de Pintura en Acción...
En fin, pero vou xa ao asunto. Por favor, redobre de tambores!

En fin, pero vou xa ao asunto. Por favor, redobre de tambores!
Convócase un
CONCURSO
para todo o mundo: nenos, profes, pais...
para toda a xente que pasa por diante do mural.
É moi sinxelo. Se atopas o que che vou dicir no mural,
gañarás un premio, que xa diremos. Aí vai a pregunta:
Quen dorme dentro da biblioteca?
Se pensas que acertaches, ven até a Biblioteca Máxica
e dime onde o viches.
Ou se prefires, cóntamo por correo electrónico
neste enderezo.
CONCURSO
para todo o mundo: nenos, profes, pais...
para toda a xente que pasa por diante do mural.
É moi sinxelo. Se atopas o que che vou dicir no mural,
gañarás un premio, que xa diremos. Aí vai a pregunta:
Quen dorme dentro da biblioteca?
Se pensas que acertaches, ven até a Biblioteca Máxica
e dime onde o viches.
Ou se prefires, cóntamo por correo electrónico
neste enderezo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)