xoves, 21 de decembro de 2017

Libros para o Nadal

   Zongalo Quirico suxírevos os siguintes libros para ler no Nadal e deséxavos unhas boas lecturas e Feliz Aninovo a todos os rapaciños e rapaciñas do CEIP Recimil.

luns, 18 de decembro de 2017

NOVIDADES DO INVERNO 2017

N O V I D A D E S     N A   B I B L I O T E CA

Na biblioteca temos novos libros para ler este inverno. Como novidade:  
                 
LAS AVENTURAS DE LOS CINCO

sábado, 7 de outubro de 2017

Alumnado de 1º estrena marcadores

     No mes de setembro tivo lugar na biblioteca unha sesión informativa na que Dolores, a nosa bibliotecaria e por encargo de Zongalo Quirico, explicou aos nenos e nenas de 1º como han de usar na biblioteca os marcadores de libros, previamente elaborados por eles. 
     Para este alumnado é toda unha novidade poder usar de forma autónoma a biblioteca na hora do recreo.
     Premendo na seguinte imaxe accédese á galería da páxina web onde están publicadas unhas poucas fotos como mostra da actividade, neste caso da aula de 1º A.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=442

venres, 30 de xuño de 2017

Entrega de Diplomas e Agasallos

O 16 de Xuño de 2017 foi a entrega de DIPLOMAS aos colaboradores de biblioteca e AGASALLOS aos nenos con máis empréstitos.


https://drive.google.com/open?id=0B1aHfCqoF7-_Y2dBMEttYThXTk0
 Premer na imaxe para vela no seu tamaño orixinal.

Visita de Iago López

Iago López, autor de "O Cociñeiro Martiño", visitou a biblioteca o 1 de Xuño de 2017 e estivo cos nenos de EI e 1º e 2º de EP. Ese día, estes rapaciños foron os protagonistas do conto.
https://drive.google.com/open?id=0B1aHfCqoF7-_eFZIMFdFLS11amM
 Premer na imaxe para vela en tamaño orixinal.

xoves, 29 de xuño de 2017

Ferrol a través do Tempo

   O mural de "Ferrol a través do Tempo" está exposto no corredor do pasillo da biblioteca. Este traballo foi feito por todos os nenos do colexio axudados polas súas titoras.

   Para o curso 2017-2018 seguiremos completando o traballo sobre Ferrol.

   Premer na seguinte imaxe para acceder ás fotos publicadas na galería da páxina web do cole.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=437

martes, 20 de xuño de 2017

Que ler no verán?

Zongalo Quirico suxírenos os seguintes libros:

sábado, 3 de xuño de 2017

Barrios de Ferrol

Premer nas imaxes para acceder ás fotos das visitas ao barrio de Recimil (EI) e ao barrio de Ferrol Vello (4ºEP).
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=423

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=424

sábado, 27 de maio de 2017

Rubicundo

Con motivo da celebración das Letras Galegas, o alumnado de 3º de EP, asistimos ao Teatro Jofre convidados polo Concello de Ferrol  a ver una representación teatral de “Rubicundo”, novela escrita por María Canosa e finalista premio Merlín de Literatura Infantil 2014.
Trata das peripecias dunha nena chamada Erea, que salta polas noites da cama cando sente o renxer dunha bicicleta na que sae o seu enigmático veciño Rubicundo, co seu traxe e sombreiro de copa, para desempeñar o seu insólito oficio: cosedor de ventos. 

Resultounos moi divertida, e ao remate da representación puidemos falar cos personaxes e  retratarnos con eles!!!!!
https://drive.google.com/open?id=0B1aHfCqoF7-_X0dMeWl6SktmR0k
 Premer na imaxe para vela a tamaño orixinal

martes, 16 de maio de 2017

Novidades maio


Presentamos novos libros na biblioteca para idades de 6, 8, 10 e 12 anos de edebé:

- El fantasma de la escuela e La vaca Enriqueta esquía en Valcorneta para nenos/as de 6 anos.

- Viaje a Dragonia para 8 anos.



- La casa del Pánico e ¡Abracadabra,cuidado con mi cabra!  para 10 anos.
 
- Intriga en el castillo de Burton para máis de 12 anos. 

luns, 15 de maio de 2017

Gloria Fuertes


    Este ano 2017 conmemórase o centenario do nacemento de Gloria Fuertes (1.917-1.998), escritora madrileña que destacou pola súa produción poética infantil e xuvenil.

    No Día do Libro colocouse no corredor da biblioteca unha exposición con obras desta autora nunha mesa e con poesías na parede.
https://drive.google.com/open?id=0B1aHfCqoF7-_M0IxNWVacTQ5NFk
Na nosa biblioteca contamos cos seguintes títulos que vos recomendamos:

- El Gran Libro de los Animales

- Profesiones de ayer y de hoy

- Las adivinanzas de Gloria Fuertes

- Los buenos salvajes

- ¡Qué patas tiene el tiempo!

- Las preguntas y respuestas de Gloria

venres, 12 de maio de 2017

Día do Libro (2017)

  O día 21 de Abril celebramos o Día do Libro cunhas lecturas de poesías de Gloria Fuertes que alumnado de 6º de Primaria levou a cabo nas aulas durante a Hora de Ler. 

Premer na seguinte imaxe para ver as fotos publicadas na galería da páxina web.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=413

 

xoves, 11 de maio de 2017

Entrega de carnés e marcadores - 5ºEI


Xa temos novos lectores na biblioteca!
Zongalo Quirico dalles a benvida aos nenos e nenas de 4 anos, xa que desde o mes de marzo contan co seu carné da biblioteca e tamén co correspondente marcador.
 
https://drive.google.com/open?id=0B1aHfCqoF7-_S3ZGNzhveEF5dDg

Premer na imaxe para vela no seu tamaño orixinal.



mércores, 26 de abril de 2017

Visita da escritora María Reimóndez

Durante o 2º trimestre o alumnado de 3º e 4ºde EP estivemos a ler na aula o libro  "Lía e as zapatillas de deporte", unha novela que convida a reflexionar sobre a nosa responsabilidade en colaborar para facer un mundo máis xusto.  
E o 30 de marzo visitounos a súa autora, a escritora galega MARÍA REIMÓNDEZ. Recibímola na biblioteca, falounos da súa obra e da súa experiencia como activista na India. Tamén nos asinou os libros. 
Premer na seguinte imaxe para ver todas as fotos publicadas na galería da web do cole.

xoves, 6 de abril de 2017

Zongalo Quirico recoméndanos....

      El gran viaje de la BUSQUET  con ilustracións nas que descubrirás como se vive en moitas partes dos cinco continentes.

    Atlas de los Records, o atlas máis  asombroso, incrible e delirante con ilustracións moi divertidas.


luns, 3 de abril de 2017

Outros libros que Zongalo Quirico nos anima a ler....

Mamá, ¿de qué color son los besos?

Nesta historia doce, unha nai explica ao fillo que os bicos poden ser de moitas cores, cargados con vitaminas e vitalidade, como música, cheos de luz e sol...e ...como é que van ser de noite?


No me dan miedo: la tormenta, la oscuridad, el médico y los monstruos.

"Eu non teño medo..." é unha colección de Editorial Larousse para axudar aos nenos a superar algúns dos seus medos. Todas as historias son simples, con claras ilustracións de forma que os poidan entender.

xoves, 30 de marzo de 2017

Zongalo Quirico fálanos de ... "Lágrimas bajo la cama".

Lágrimas bajo la cama é un conto autoeditado de Ana Meilán e Marta Mayo. Narra a historia de Simón, un neno que chora por todo.


mércores, 29 de marzo de 2017

Zongalo Quirico fálanos de.... "Colección Emocións"

Estes libros, de "Baía Edicións", falan dos sentimentos e as emocións.
   Os protagonistas, Ana e Xabier, contan aventuras polas que pasan e nas que deben recoñecer e poñer en práctica todo o que lles provoca medo, tristeza alegría ...

Os títulos:
           A miña amiga invisible, A cola de dragón, Os sacos de area, As estrelas de cores, A superheroína supersónica, A nube gris, Aprender a dicir que non, Pensar as cousas e Cando estou tranquilo.

 

domingo, 26 de marzo de 2017

Novidades de marzo

Temos novas adquisicións nos expositores da biblioteca:



    



domingo, 5 de febreiro de 2017

Novidades de xaneiro e febreiro

Temos novas adquisicións nos expositores da biblioteca:
-A canción do Sol. 
-V Premio Literario escolar.
-Astropal: un cometa con corazón.
-Será correcto?
-Esmeraldina, a pequena defunta.
-Max e Lea.

-Feliz Feroz. O lobiño riquiño.
-En familia!
-Vaite xa!
-Contos nerviosos.
-El abrazo del árbol.
-Cinco horas con Mauro.

-Cuando metí la pata.  
-Isela.
-Os bolechas veñen ás Festas das Peras de Pontedeume.
-La familia Cochinete cambia de casa.
-Luces, bicos e cores.
-El pequeño ogro quiere ir al colegio.

-Cantigas para aprender a soñar.
-El hada del abanico verde.
-O grillo Míllelo.
-A princesa Lúa e o enigma de Kian.
-Palabras de mar.
-A peripecia de Roi.
                          
-Galicia, nosa ledicia.
-O raposo e a mestra.
-A pericia de Roi.
-O bigote de Mimí.
-Os soños na gaiola.
-Naúfrago de paraíso.

-Biografía de Valentín Paz Andrade.
-Lazarillo de Tormes.
-II Certame literario.
-Xestión respetuosa e sustentable dos bosques.