A miña muller é a pintora Carmen Martín. Coñézoa desde hai 21 anos, polo que levo xa máis da metade da miña vida con ela. Así pois, eu son quen son grazas -ou por culpa de- Carmen. E ao revés.
A finais de Agosto, Carmen rematou o mural do noso CEIP Recimil, no que levaba traballando sen descanso desde Abril. Unha enorme superficie, repartida en dous espazos (corredor e escaleira) que engalanan a entrada á nova biblioteca do colexio. Un gran traballo, grazas ao cal este antigo colexio ferrolán xamais volverá a ser o mesmo.
Carmen é, como adoita dicirse, unha persoa "activa". Non é capaz de
estarse queda, incluso aínda que lle receiten repouso Carmen precisa erguerse e seguir traballando. Carmen pintou este mural, subida ás estadas, falando con profesores, nenos, pais, buscando libros, ilustradores, pensando mil ideas, proxectando en libretiñas, en láminas de cartolina e papel continuo, pintando, corrixindo, volvendo a pintar... o traballo final é impresionante, unha serie de andeis, con centos de libros e que responde a un programa reitor que trata diversa temas, desde o espazo, ao mar, os xoguetes, as
matemáticas, a literatura infantil... bautizouna como "A Biblioteca Máxica", porque é unha biblioteca pintada que maxicamente envolve á biblioteca real. Tamén na biblioteca real estará a pegada de Carmen
grazas ao "Teatrín de Carmovita" que presidía a Escola Aberta de Arte e doouse ao colexio.
En Outubro, ademais de PINTA[C], do primeiro aniversario do Hartismo e San
Lucas, inaugurarase oficialmente a nova Biblioteca do CEIP "Recimil" e será o momento no que lle presente ao mundo tamén a obra de Carmen.
Quixen escribir isto -interrompendo momentaneamente os meus labores
urxentes- para expresar en serio toda a miña profunda admiración por esta artista, humilde pero tan grande como o seu mural, coa que teño a fortuna de compartir a miña vida.
Aquí podedes ver unha galería cunha chea de fotos sobre o mural, incluidas as últimas e as que se tomarán durante a inauguración.