xoves, 25 de xuño de 2009
Lecturas para o verán
Aquí tedes unha selección de libros que podedes ler durante as vacacións de verán. Para escollelos contei, coma sempre, coa colaboración do equipo de Biblioteca e do equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. BOAS LECTURAS e ata setembro ... na nova BIBLIOTECA!
xoves, 18 de xuño de 2009
Calvin quere beber
Xa temos gañadora do concurso, o último do curso, para os profes. É Ana, de Ximnasia, que segundo ela mesma contou, percorreu todo o mural de punta a punta. Cando xa o daba por imposíbel reparou no cómic de Calvin e Hobbes que está no arranque da escaleira e viu a Calvin saíndo do colexio para beber auga na súa casa, ante a súa nai estupefacta.
Moitas felicidades!
Moitas felicidades!
Etiquetas:
Biblioteca máxica,
Concursos,
Premios
mércores, 17 de xuño de 2009
Alicia atopou o chupete
Tódolos días chegan nenos á Biblioteca Máxica na hora do recreo. Cada vez achéganse máis, uns pedindo que lles faga un debuxiño na man, outros para charlar un pouco comigo, outros para mirar, outros non sei para que... O caso é que os nenos deste cole son moi divertidos. Está mal que eu o diga, xa que tamén os meus filliños van a este cole, pero sempre que estou cos nenos "ao mogollón" sinto que son ben educados.
Claro, eles berran, porque son nenos, pero non é algo que me volva tola.
Onte a visita foi como cando abres unha billa e sae auga a esgalla. Ao soar a serea do recreo saíron todos a trote, buscando e preguntando onde estaba o chupete (do concurso). "Onde, onde está!" Ian daquí para alá, así un bo pedazo. De súpeto, mentres eu falaba cun neno, todos dicían: "Aquí! Aquí!" Xa se sabe como son os nenos, un o adiviña e todos os demáis repiten a mesma cantinela. Por fin, entre todos recoñeceron que a que primeiro o vira fora... Tachán!...
ALICIA, de 5ºB.
Non hai dúbida de que Alicia é unha grande observadora. Moitas Felicidades!
Agora só resta que os mestres atopen quen quere beber auga! (Os nenos tamén mo dixeron onte).
Etiquetas:
Biblioteca máxica,
Concursos,
Premios
venres, 12 de xuño de 2009
Concurso para profes e... propina!
Rematando o curso, case rematada a primeira fase do mural, chegan os últimos concursos da Biblioteca Máxica. Aproveitade a oportunidade de participar!
O primeiro concurso é o que lles tocaba aos/ás profes. Esta é a pregunta:
E como propina, facemos outro concurso para os nenos, que foron os máis participativos. E a pregunta para eles é esta outra:
O primeiro concurso é o que lles tocaba aos/ás profes. Esta é a pregunta:
Quen quere beber auga?
E como propina, facemos outro concurso para os nenos, que foron os máis participativos. E a pregunta para eles é esta outra:
Onde hai un chupete?
Sorte!
xoves, 11 de xuño de 2009
Xa hai (nai)... gañadora
Hoxe chegoume por correo electrónico unha mensaxe da mai de Sabela, de 1ºB:
A frase é de Goethe e está xusto no estremo da Biblioteca Máxica que ten fondo azul e tema espacial.
¡Moitas felicidades!
Son a nai de Sabela de 1ºB e penso que a cita e:
"Podrían engendrarse hijos educados si lo fuesen sus padres".
¡Moitas felicidades!
luns, 8 de xuño de 2009
Concurso para os pais
Este venres chegou Candela, de 5ºA, case sen aire. Preguntoume: é un avión? a resposta, é un avión?
Pois si. E foise toda contenta, porque esa era a solución ao xogo desta vez, o dos nenos.
O premio foille entregado hoxe.
Candela tivo moito mérito xa que desta vez non enviamos unha circular para avisar do concurso. É dicir, que Candela visitou o blogue e a Biblioteca Máxica, e isto ponme moi contenta.
Eu aínda non sei se a escasez de comentarios é debida a que o blogue non funciona ben ou temos no noso cole moita vergoña ou preguiza para participar. De todos os xeitos eu non penso cambiar e propoño agora o seguinte concurso, este para os pais.
A pregunta é
Pois si. E foise toda contenta, porque esa era a solución ao xogo desta vez, o dos nenos.
O premio foille entregado hoxe.
Candela tivo moito mérito xa que desta vez non enviamos unha circular para avisar do concurso. É dicir, que Candela visitou o blogue e a Biblioteca Máxica, e isto ponme moi contenta.
Eu aínda non sei se a escasez de comentarios é debida a que o blogue non funciona ben ou temos no noso cole moita vergoña ou preguiza para participar. De todos os xeitos eu non penso cambiar e propoño agora o seguinte concurso, este para os pais.
A pregunta é
"En que cita se fala de nós os pais?"
Lémbrovos que podedes entrar no cole, visitar a Biblioteca Máxica sen medo, que para iso se fai. Para ver e participar. Animádevos.
mércores, 3 de xuño de 2009
Concurso para nenos
Nestas últimas semanas de clases
imos celebrar outra tanda de xogos:
un para nenos/nenas, outro para pais/nais
e o último para mestres/mestras.
Así que esta semana imos xa co primeiro
xogo, para os nenos. Aí vai a pista:
"Ten ás, e moitas patas,
móvese, e non é un animal"
martes, 2 de xuño de 2009
Comentarios no blogue Zongalo Quirico máis doados
Desde onte xa é posíbel comentar neste blogue sen ter que criar e utilizar unha conta de Google, o cal facilitará moito as cousas aos nenos e nenas e á xente que teña présa.
Como se fai?
Moi sinxelo:
Como se fai?
Moi sinxelo:
- Despois de pulsar sobre "comentarios", ao final de cada entrada, ábrese unha nova pantalla na que arriba de todo pon "Postar um comentário em: Zongalo Quirico"
- Debaixo do cadro para inserir texto, aparece este cadriño:
nel, se xa temos unha conta de Google podemos encher os datos de usuario (nome de usuário) e contrasinal (senha). Pero se non é o caso, podemos escoller "Nome/URL", ou sexa: - Enchemos o campo "Nome" e pulsamos sobre "PUBLICAR COMENTÁRIO". E xa está:
Concurso: gañadora das tres profes
Constanza enviounos esta mensaxe:
SE EU FOSE MOI, MOI DELGADO, PODERÍA ENTRAR NA CASA POLO BURACO DA PECHADURA.
Saúdos
Constanza
Así que xa hai desempate. Constanza é a gañadora do xogo das profes na Biblioteca Máxica. O vindeiro concurso será de novo para os nenos. Estade atentos a este blogue, rapaces!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)