Amosando publicacións coa etiqueta escritores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escritores. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de abril de 2018

Visita á biblioteca do escritor Carlos López (Chinto)


  O pasado 4 de abril visitounos na biblioteca o humorista e escritor  Carlos López (Chinto) que, xunto co ilustrador David Pintor (Pinto), publica unha viñeta de humor diariamente no xornal “La Voz de Galicia”.
Falounos do seu traballo como xornalista e de que todos os días ten que pensar unha tira cómica para tratar no xornal un tema de actualidade.
Todo o alumnado de 4º lemos este curso un libro escrito por el e ilustrado por Pinto, titulado “Cámbiache o conto”. Nel ofrécennos a súa peculiar versión dos contos clásicos (Carrapuchiña Vermella, O frautista de Hamelín, Cincenta,…) aos que lle dan una reviravolta á súa maneira e fanos rematar dun xeito cómico.
Ensinounos “Minimalario”, outro libro escrito por eles no que aparecen animais comúns, que eles transforman, tamén con humor, nos máis sorprendentes e surrealistas do mundo.
Foi una sesión moi divertida, pasámolo moi ben e ao final “Chinto” asiniunos cunha dedicatoria os exemplares que nós temos de “Cámbiache o conto”.

Premendo  aquí  pódense ver todas as fotos da sesión.

martes, 6 de marzo de 2018

Visita da escritora María Canosa

      O día 28 de febreiro visitou a nosa biblioteca a escritora María Canosa, autora do libro infantil Muriel, que están lendo os  alumnos/as de 5º e 6º de primaria.
  
     Faloulles da súa infancia, de cando empezou a escribir, das ideas para empezar un libro, da súa traxectoria como escritora... ata que no ano 2017 recibiu o Premio Merlín de Literatura Infantil.

      Aos nenos/as que non remataron de ler Muriel,

di que lle custaba prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa...  e animounos a seguir lendo.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=501

Premer na imaxe ou no enlace ao álbum María Canosa 5º-6ºEP para acceder á galería de fotos.