xoves, 26 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

     Cun "APADRIÑAMENTO LECTOR" celebramos este ano o Día do Libro, o luns 23 de abril.
    O profesorado do equipo de biblioteca organizou esta estupenda actividade que consistiu na lectura de contos do alumnado maior (de 3º a 6º de EP) ao máis pequeno (EI, 1º e 2º de EP)
   A lectura podía facerse en calquera espazo do colexio! E como tivemos a sorte de gozar dun día soleado ... non foron poucos os nenos e nenas que decidiron facer estas lecturas no patio. Outros decidíronse polas aulas, polos corredores e mesmo polas escaleiras. 
    Un bo conto, boa compañía e un lugar cómodo ... ingredientes suficientes para conmemorar este día.



Fotos publicadas na galería da páxina web, no álbum: Día_Libro_18


mércores, 25 de abril de 2018

NOVIDADES DE ABRIL

ESTE MES ESTÁ CHEO DE NOVIDADES PARA TODOS:

XA TEMOS NOVOS DVDs:
  • SPACE DOGS (Aventura en el  espacio)
  • MONSTRUOS
  • PETER PAN
  • LA CASA DE MICKEY MOUSE (Aventuras en el agua)
  • LA CASA DE MICKEY MOUSE (Mickey y Donald tienen una granja)
  • LA CENICIENTA 
  • ZOOTRÓPOLIS 
  • TARZAN 
  • ANGRY BIRDS (La película)
  • EL VIAJE DE ARLO 
  • UP 
  • ALAS (A salvo sobre cubierta) 
  • ENREDADO          
TAMÉN NOVAS LECTURAS PARA O ALUMNADO MÁIS PEQUENO DO COLE:
  • Te quiero, abuelo
  • 1, 2, 3, ¡a contar cacas!
  •  El travieso Jojó    
PARA 1º e 2º CURSO:
  • El abejoso
PARA 3º e 4º CURSO:
  • Violeta quiere ser vampiro 
E, PARA REMATAR:
  • El gran libro de la naturaleza



martes, 17 de abril de 2018

Visita á biblioteca do escritor Carlos López (Chinto)


  O pasado 4 de abril visitounos na biblioteca o humorista e escritor  Carlos López (Chinto) que, xunto co ilustrador David Pintor (Pinto), publica unha viñeta de humor diariamente no xornal “La Voz de Galicia”.
Falounos do seu traballo como xornalista e de que todos os días ten que pensar unha tira cómica para tratar no xornal un tema de actualidade.
Todo o alumnado de 4º lemos este curso un libro escrito por el e ilustrado por Pinto, titulado “Cámbiache o conto”. Nel ofrécennos a súa peculiar versión dos contos clásicos (Carrapuchiña Vermella, O frautista de Hamelín, Cincenta,…) aos que lle dan una reviravolta á súa maneira e fanos rematar dun xeito cómico.
Ensinounos “Minimalario”, outro libro escrito por eles no que aparecen animais comúns, que eles transforman, tamén con humor, nos máis sorprendentes e surrealistas do mundo.
Foi una sesión moi divertida, pasámolo moi ben e ao final “Chinto” asiniunos cunha dedicatoria os exemplares que nós temos de “Cámbiache o conto”.

Premendo  aquí  pódense ver todas as fotos da sesión.