Para ir ao album web clica aquí.
venres, 17 de abril de 2009
Pinturas de hoxe, 17-04-2009
Para ir ao album web clica aquí.
xoves, 16 de abril de 2009
Nova Edición, Corrixida e Aumentada
Nas bibliotecas atópanse por veces libros, antigos ou novos, cuxa portada amosa, con orgullo, esta lenda:
"Nova Edición, Corrixida e Aumentada..."



Na pintura tamén é práctica habitual cambiar cousas, eliminar elementos, que mesmo sendo belos, non harmonizan co conxunto. É un grado máis alá dos famosos pentimenti (arrepentimentos) dos artistas, nos que un brazo, unha póla, cambia de lugar para que o cadro final sexa máis perfecto.
Na "Biblioteca Máxica" xa temos isto. Carmen Martín pintou, antes das vacacións, un libro, do que salía unha póla de maceira. Quedáralle moi ben, na miña opinión. Pero a artista estimou que esa póla atraía de máis a atención, que desfacía a impresión de conxunto, e sacrificouna polo ben de todos. Agora xaz baixo unha capa de pintura sobre a que pintou varios libros. Nestes días pintará de novo sobre eses libros, e por suposto poremos aquí o resultado.


"Nova Edición, Corrixida e Aumentada..."

martes, 14 de abril de 2009
Volta ao Cole
Eu xa fixen as miñas tarefas das vacacións e agora espero pintar todo no mural moi axiña.
Ilustrar contos de un non ten nada que ver con ilustrar contos de outros, pero está ben facer ambas cousas.
Eu sei o que quero ilustrar nos meus contos e iso facilita moito, ademais cando escribo un conto moitas veces os debuxos van primeiro que o conto.
Pero se ilustro contos de outros, maiores ou nenos, teño que facer miña a historia, querela, aprehendela e iso sérveme para coñecer outros puntos de vista, aínda que no principio custe un pouco, segundo os casos, logo quédase un moi enriquecido.
En fin, que marabilla!
Se vos interesa, antes do 20 de Abril hai un concurso de ilustración cuxo tema é O Circo. Eu tamén presentareime, ven agora a tempada dos concursos, de pintura rápida e dos outros, nos que participamos case todos os anos.
Se vos interesa escribide neste blogue, e se non tamén, que eu sacarei tempo para contestarvos, que un blogue sen comentarios é como unha biblioteca sen libros!
luns, 13 de abril de 2009
"Libros, camiños e días dan ao home sabiduría" (Proverbio árabe)
O 23 de abril de 1616 morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare. E foi o 15 de novembro de 1995 cando a UNESCO decidiu promulgar esta data como o
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR
Teño noticia de que o Equipo de Biblioteca está a desenvolver actividades alusivas a esta commemoración nas que todos/as estades invitados/as a participar. E, por suposto, o xoves día 23 haberá un acto conxunto para celebrar este importante día. Para os que sodes máis curiosos e queredes saber máis, recoméndovos que pasedes pola Biblioteca onde atoparedes na sección de consulta e coa sinatura: 9/GAT/his
"La historia del libro"
Ah! Xa me esquecía de comunicarvos que, tamén a próxima semana, os/as que estades no 2º ciclo recibiredes a visita da profesora e escritora ferrolá ÁNXELA LOUREIRO.
Invítovos a que me fagades chegar as vosas opinións sobre os libros que estades lendo desta autora. Só tedes que entregar os vosos comentarios (ou debuxos) ao voso/a titor/a, e eu encargareime de que sexan publicados.
martes, 7 de abril de 2009
A Maxia da Pintura
-"Mamá, isto podías metelo na Biblioteca Máxica!".
-"mamá, mira que lindo debuxo para a Biblioteca Máxica!"
Que ben e que bonito que os nenos encontren cousas preciosas e interesantes para pintar na parede, que xa non é unha parede pola maxia da pintura.
Tamén outros nenos, mesmo nenos que non pintan habitualmente, encontran cousas para a Biblioteca Máxica.
Estou feliz, non é para menos!
E aínda que non poda estes días de vacacións estar sobre o andamio, teño moito traballo. Que mágoa (sería no mundo ao revés)!
Non vos cortedes e mandádenos colaboracións ou polo menos un saudiño para que saibamos que estades aí. Porfi. Precisamos saber que estades aí, e saber a vosa opinión. Escribide ou debuxade ou algo...
luns, 6 de abril de 2009
Panorámica do mural
Comezan as vacacións da Semana Santa católica, festivas tamén no calendario escolar, e que en Ferrol engaden o luns posterior, xa que é a Romaría de Chamorro. Nestes días, pois, descansarei -forzosamente- do traballo no mural. Así que é o momento de facer unha visión de conxunto, e para iso o meu marido, Anxo Varela, preparoume esta panorámica do que xa está pintado. Se pulsades nela ou aqui mesmo podedes ver -e descarregar- a imaxe agrandada,
ou moito máis agrandada ainda (tarda máis).






ou moito máis agrandada ainda (tarda máis).
Novos aportes, 03-04-09
Cada vez máis nenos e nenas anímanse a participar, aportando contos, debuxos, ideas...
Estes son os novos aportes recollidos nos dous últimos días antes de Semana Santa. Para agrandalos, facede "clic" sobre os debuxos.
Quimera, de Rosalía (5ºB)

Conto sobre unha orfa, de Karla (5ºB):


Os dous canciños nas tazas de café, conto e debuxo de Candela, 5ºA

Sol que saúda, de Salma, 3ºB

Debuxos de José (4 anos, clase de Cuca):
1 - Fauna da era Paleozoica,

2 - Allosaurus e oviraptor cun saurópodo, e

3 - Robots mariños


Estes son os novos aportes recollidos nos dous últimos días antes de Semana Santa. Para agrandalos, facede "clic" sobre os debuxos.
Quimera, de Rosalía (5ºB)
Conto sobre unha orfa, de Karla (5ºB):
Os dous canciños nas tazas de café, conto e debuxo de Candela, 5ºA
Sol que saúda, de Salma, 3ºB
Debuxos de José (4 anos, clase de Cuca):
1 - Fauna da era Paleozoica,
2 - Allosaurus e oviraptor cun saurópodo, e
3 - Robots mariños
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)