venres, 12 de xuño de 2009

Concurso para profes e... propina!

Rematando o curso, case rematada a primeira fase do mural, chegan os últimos concursos da Biblioteca Máxica. Aproveitade a oportunidade de participar!

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/2bachillerato/biomol/imagenes/agua/agua.jpgO primeiro concurso é o que lles tocaba aos/ás profes. Esta é a pregunta:
Quen quere beber auga?

http://www.farmacia-morlan.com/images/micarpeta/266924V_Suavinex_ChupeConfo.jpgE como propina, facemos outro concurso para os nenos, que foron os máis participativos. E a pregunta para eles é esta outra:
Onde hai un chupete?

Sorte!



xoves, 11 de xuño de 2009

Xa hai (nai)... gañadora

Hoxe chegoume por correo electrónico unha mensaxe da mai de Sabela, de 1ºB:
Son a nai de Sabela de 1ºB e penso que a cita e:

"Podrían engendrarse hijos educados si lo fuesen sus padres".

A frase é de Goethe e está xusto no estremo da Biblioteca Máxica que ten fondo azul e tema espacial.

¡Moitas felicidades!


luns, 8 de xuño de 2009

Concurso para os pais

http://psoepontedeume.files.wordpress.com/2008/02/gallifante.gifEste venres chegou Candela, de 5ºA, case sen aire. Preguntoume: é un avión? a resposta, é un avión?

Pois si. E foise toda contenta, porque esa era a solución ao xogo desta vez, o dos nenos.

O premio foille entregado hoxe.

Candela tivo moito mérito xa que desta vez non enviamos unha circular para avisar do concurso. É dicir, que Candela visitou o blogue e a Biblioteca Máxica, e isto ponme moi contenta.

Eu aínda non sei se a escasez de comentarios é debida a que o blogue non funciona ben ou temos no noso cole moita vergoña ou preguiza para participar. De todos os xeitos eu non penso cambiar e propoño agora o seguinte concurso, este para os pais.

A pregunta é
"En que cita se fala de nós os pais?"

Lémbrovos que podedes entrar no cole, visitar a Biblioteca Máxica sen medo, que para iso se fai. Para ver e participar. Animádevos.

mércores, 3 de xuño de 2009

Concurso para nenos

http://www.diariodeamerica.com/public/noticias/207interrogacion320x240_noticias_3688.jpg
Nestas últimas semanas de clases
imos celebrar outra tanda de xogos:

un para nenos/nenas, outro para pais/nais
e o último para mestres/mestras.

Así que esta semana imos xa co primeiro
xogo, para os nenos. Aí vai a pista:


"Ten ás, e moitas patas,
móvese, e non é un animal"



martes, 2 de xuño de 2009

Comentarios no blogue Zongalo Quirico máis doados

Desde onte xa é posíbel comentar neste blogue sen ter que criar e utilizar unha conta de Google, o cal facilitará moito as cousas aos nenos e nenas e á xente que teña présa.

Como se fai?

Moi sinxelo:
  1. Despois de pulsar sobre "comentarios", ao final de cada entrada, ábrese unha nova pantalla na que arriba de todo pon "Postar um comentário em: Zongalo Quirico"
  2. Debaixo do cadro para inserir texto, aparece este cadriño:
    nel, se xa temos unha conta de Google podemos encher os datos de usuario (nome de usuário) e contrasinal  (senha). Pero se non é o caso, podemos escoller "Nome/URL", ou sexa:
  3. Enchemos o campo "Nome" e pulsamos sobre "PUBLICAR COMENTÁRIO". E xa está:
Agardamos os vosos comentarios!

Concurso: gañadora das tres profes

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgYELy3ydkYod-5jfD6VnXEUGDmbc_jp8gaCj0Kwz0yu9oHlIVkUvCpBodRI7e_7TDvmNpO_trg3VUkYBjdOoaN_FXsVEikQ5G6TSBpzpKcv6WNpphsNlx-s7xyPsVAiSkKXVBP0EMAbQI/s512/abm000840.jpg
Constanza
enviounos esta mensaxe:

SE EU FOSE MOI, MOI DELGADO, PODERÍA ENTRAR NA CASA POLO BURACO DA PECHADURA.


Saúdos

                    Constanza



Así que xa hai desempate. Constanza é a gañadora do xogo das profes na Biblioteca Máxica. O vindeiro concurso será de novo para os nenos. Estade atentos a este blogue, rapaces!

xoves, 28 de maio de 2009

Quen gañou o concurso dos profes?

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgJkQ2y5HN7qUQE8qJqX_TS1f7_JyhMXiWNoXKTraciwHuVo4fcOylJ4arQbJfRouvfpMHrPbEL-XrDS5fOuGq-FgFreW2CRmlSLI5dI1-eoN_lsIpmQhkWexwkqw8Km9pLIpYTkh2QGcg/Xa temos mestra gañadora do concurso. Chámase Sagrario, de 3ºA... díxomo esta mañá, no cole, diante do mural. Pero cando xa estaba pensando na entrega, entereime que Tucha, de Música, e Constanza, de 6ºA, tamén acertaran, e enviaran un correo electrónico ao meu enderezo hai seis días. A mensaxe pasoume desapercibida entre outras.

Agora véxome no trance de que non podo partir o premio en tres partes, así que despois de pensalo moito ocorréuseme unha idea: facer outro xogo para desempatar entre as tres.

Así que aí vai a pregunta para Tucha, Constanza e Sagrario:

Qué poderías facer se foses moi, moi delgado?

A resposta, nun debuxo da Biblioteca Máxica, como sempre.