O martes saberedes cales foron os gañadores ou gañadoras dos zongalos quiricos. Estade moi atentos.
xoves, 17 de decembro de 2009
martes, 15 de decembro de 2009
VISITAS Á BIBLIOTECA E CONTACONTOS
Neste trimestre fixemos dúas visitas á biblioteca: unha para ver e ler libros e outra para ver os obxectos dos distintos países.
Tamén os rapaces e rapazas de 5º curso fixeron de contacontos para Educación Infantil. Os contos foron os seguintes:
- A ratiña presumida para 3 anos.
- O parruliño feo para 4 anos.
- Rita e O mago de Oz para 5 anos.
Zongalo Quirico deixa unhas imaxes para lembrar estos momentos tan fantásticos.

xoves, 3 de decembro de 2009
martes, 10 de novembro de 2009
PORTA DE ENTRADA Á BIBLIOTECA

Velaí tedes :
ZONGALO entrando na biblioteca do noso colexio!
Que experiencias traerá da súa viaxe polo mundo?
Consultando os libros podedes coñecer os países que visitou, as súas costumes , fauna , flora , cultura , folclore , linguas . . .
Grazas a Carmen Martín podemos disfrutar da súa arte.
BOAS LECTURAS E . . . . . . . . . . . BOA VIAXE !!!!!

mércores, 28 de outubro de 2009
ATENCIÓN!!!!
Este curso, ZONGALO QUIRICO, marcha de……………VIAXE.
Que nos contará? Que lugares visitará?
Polo de agora, deixounos na biblioteca, dous cousiñas moi pero que moi interesantes:
- PRIMEIRA: un lote de libros no expositor relacionados con distintas partes do mundo. Dita exposición manterase ata mediados de Novembro.

- SEGUNDA: no mes de Novembro teremos unha exposición de obxectos de distintos países: España, Japón, Marruecos, Guatemala, Italia, Uruguay, China, Egipto,……..
OLLO!!!!!

No mes de Decembro, ZONGALO QUIRICO, fará unha selección dos debuxos que se están a facer en todas as aulas para poder marchar de viaxe. Neste mes saberedes quen son os gañadores ou gañadoras.
QUE SE LEVARÁ ZONGALO QUIRICO DE VIAXE??????
TEREMOS QUE………………………. AGARDAR.
VIAXAR, VIAXARÁ
E O MUNDO RECORRERÁ.
Saúdos e boas lecturas.

sábado, 26 de setembro de 2009
O Mural de Carmen
A miña muller é a pintora Carmen Martín. Coñézoa desde hai 21 anos, polo que levo xa máis da metade da miña vida con ela. Así pois, eu son quen son grazas -ou por culpa de- Carmen. E ao revés.
A finais de Agosto, Carmen rematou o mural do noso CEIP Recimil, no que levaba traballando sen descanso desde Abril. Unha enorme superficie, repartida en dous espazos (corredor e escaleira) que engalanan a entrada á nova biblioteca do colexio. Un gran traballo, grazas ao cal este antigo colexio ferrolán xamais volverá a ser o mesmo.
Carmen é, como adoita dicirse, unha persoa "activa". Non é capaz deestarse queda, incluso aínda que lle receiten repouso Carmen precisa erguerse e seguir traballando.
Carmen pintou este mural, subida ás estadas, falando con profesores, nenos, pais, buscando libros, ilustradores, pensando mil ideas, proxectando en libretiñas, en láminas de cartolina e papel continuo, pintando, corrixindo, volvendo a pintar... o traballo final é impresionante, unha serie de andeis, con centos de libros e que responde a un programa reitor que trata diversa temas, desde o espazo, ao mar, os xoguetes, asmatemáticas, a literatura infantil... bautizouna como "A Biblioteca Máxica", porque é unha biblioteca pintada que maxicamente envolve á biblioteca real. Tamén na biblioteca real estará a pegada de Carmen
grazas ao "Teatrín de Carmovita" que presidía a Escola Aberta de Arte e doouse ao colexio.
E
n Outubro, ademais de PINTA[C], do primeiro aniversario do Hartismo e SanLucas, inaugurarase oficialmente a nova Biblioteca do CEIP "Recimil" e será o momento no que lle presente ao mundo tamén a obra de Carmen.
Quixen escribir isto -interrompendo momentaneamente os meus laboresurxentes- para expresar en serio toda a miña profunda admiración por esta artista, humilde pero tan grande como o seu mural, coa que teño a fortuna de compartir a miña vida.
Aquí podedes ver unha galería cunha chea de fotos sobre o mural, incluidas as últimas e as que se tomarán durante a inauguración.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)