venres, 12 de abril de 2013

Visita de Ánxela Loureiro

Encantado quedou o alumnado do 2º ciclo despois de asistir á Biblioteca durante a visita da escritora Ánxela Loureiro.
Ademais de falar de "Ota quere voar", a obra escollida para ler en 3º (tanto no curso actual como no pasado), tamén fixo referencia ao seu primeiro libro "Viaxe de ida e volta". Ambas obras deron pé para que Ánxela nos deleitara a todos con cancións e xogos.
Os nenos e nenas fixéronlle preguntas e tamén lle pediron que asinara os seus libros.
Ver todas as fotos.

Linda á espreita

Linda é unha vaca. Si, si ... unha vaca. Pero non é un animal calquera, é unha vaquiña moi simpática á que lle gusta asustar ao carteiro ... quen non está nada contento con tanto susto!
Como xa sabedes trata dun conto e foi escrito por Alexander Steffensmeier. Un contancontos enviado pola editorial Xerais veuno contar aos nenos e nenas de Educación Infantil. Desde aquí pódense ver as fotos.


Pode que a moitos destes nenos/as lles apeteza ler ou que lles lean na casa este conto. Nese caso pódese atopar máis información aquí. Que saibades tamén que hai un exemplar na nosa biblioteca, a de Zongalo Quirico e dous na biblioteca municipal de Ferrol (no Inferniño e na Praza de España).

mércores, 10 de abril de 2013

A Cebra Camila

Un grupo de alumnos/as de 2º representaron o conto "A Cebra Camila" para os seus compañeiros do 1º ciclo. (8-9 abril 2013)


xoves, 14 de febreiro de 2013

O COELLIÑO BRANCO


Que ben o pasaron os nenos e nenas de 4 e 5 anos no biblioteca escoitando o conto:
"O COELLIÑO BRANCO"!
Foron rapaces e rapazas de 4º os que manexaron as marionetas que contaron esta fermosa historia.
Zongalo Quirico invítavos a ver as imaxes desde aquí.

E quen queira ler o conto... atoparao na biblioteca!

mércores, 6 de febreiro de 2013

Presentación Biblioteca alumnado 3 anos

Tal e como dispuxo o noso Zongalo Quirico, o martes 5 de febreiro tivo lugar a presentación da Biblioteca ao alumnado de 3 anos, con entrega de marcapáxinas e de carnets. Benvidos á Biblioteca de Zongalo Quirico! 

Ver imaxes

mércores, 19 de decembro de 2012

El Pollo Pepe

 
O alumnado de 3º curso de Educación Primaria representaron aos nenos e nenas de 3 anos o conto EL POLLO PEPE. Aquí tedes unhas imaxes dos momentos marabillosos que pasamos xuntos.

domingo, 17 de xuño de 2012

Cóntoche un conto?


Para rematar,Zongalo Quirico,estivo a representar dous contos co alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria.Os contos lidos foron:
          - El Pollo Pepe.
          - Lobo Feroz.

 Saudiños e ata o vindeiro curso.