martes, 16 de maio de 2017
Novidades maio
Presentamos novos libros na biblioteca para idades de 6, 8, 10 e 12 anos de edebé:
- El fantasma de la escuela e La vaca Enriqueta esquía en Valcorneta para nenos/as de 6 anos.
- Viaje a Dragonia para 8 anos.
- La casa del Pánico e ¡Abracadabra,cuidado con mi cabra! para 10 anos.
- Intriga en el castillo de Burton para máis de 12 anos.
luns, 15 de maio de 2017
Gloria Fuertes
Este ano 2017 conmemórase o centenario do nacemento de Gloria Fuertes (1.917-1.998), escritora madrileña que destacou pola súa produción poética infantil e xuvenil.
No Día do Libro colocouse no corredor da biblioteca unha exposición con obras desta autora nunha mesa e con poesías na parede.
Na nosa biblioteca contamos cos seguintes títulos que vos recomendamos:
- El Gran Libro de los Animales
- Profesiones de ayer y de hoy
- Las adivinanzas de Gloria Fuertes
- Los buenos salvajes
- ¡Qué patas tiene el tiempo!
- Las preguntas y respuestas de Gloria
venres, 12 de maio de 2017
Día do Libro (2017)
O día 21 de Abril celebramos o Día do Libro cunhas lecturas de poesías de Gloria Fuertes que alumnado de 6º de Primaria levou a cabo nas aulas durante a Hora de Ler.
Premer na seguinte imaxe para ver as fotos publicadas na galería da páxina web.
Premer na seguinte imaxe para ver as fotos publicadas na galería da páxina web.
xoves, 11 de maio de 2017
Entrega de carnés e marcadores - 5ºEI
Xa temos novos lectores na biblioteca!
Zongalo Quirico dalles a benvida aos nenos e nenas de 4 anos, xa que desde o mes de marzo contan co seu carné da biblioteca e tamén co correspondente marcador.
Premer na imaxe para vela no seu tamaño orixinal.
mércores, 26 de abril de 2017
Visita da escritora María Reimóndez
Durante o 2º trimestre o alumnado de 3º e 4ºde EP estivemos a ler na aula o libro "Lía e as zapatillas de deporte", unha novela que convida a reflexionar sobre a nosa responsabilidade en colaborar para facer un
mundo máis xusto.
E o 30 de marzo visitounos a súa autora, a escritora galega MARÍA REIMÓNDEZ. Recibímola na biblioteca, falounos da súa obra e da súa experiencia como activista na India. Tamén nos asinou os libros.
Premer na seguinte imaxe para ver todas as fotos publicadas na galería da web do cole.
E o 30 de marzo visitounos a súa autora, a escritora galega MARÍA REIMÓNDEZ. Recibímola na biblioteca, falounos da súa obra e da súa experiencia como activista na India. Tamén nos asinou os libros.
Premer na seguinte imaxe para ver todas as fotos publicadas na galería da web do cole.
xoves, 6 de abril de 2017
Zongalo Quirico recoméndanos....
El gran viaje de la BUSQUET con ilustracións nas que descubrirás como se vive en moitas partes dos cinco continentes.
Atlas de los Records, o atlas máis asombroso, incrible e delirante con ilustracións moi divertidas.
Atlas de los Records, o atlas máis asombroso, incrible e delirante con ilustracións moi divertidas.
luns, 3 de abril de 2017
Outros libros que Zongalo Quirico nos anima a ler....
Nesta historia doce, unha nai explica ao fillo que os bicos poden ser de moitas cores, cargados con vitaminas e vitalidade, como música, cheos de luz e sol...e ...como é que van ser de noite?
No me dan miedo: la tormenta, la oscuridad, el médico y los monstruos.
"Eu non teño medo..." é unha colección de Editorial Larousse para axudar aos nenos a superar algúns dos seus medos. Todas as historias son simples, con claras ilustracións de forma que os poidan entender.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




