luns, 26 de outubro de 2020

 Comeza unha semana monstruosa...

Chegou o Samaín ao noso colexio, por iso dende o equipo de Biblioteca e o equipo de dinamización da Lingua Galega, elaboramos unha presentación con ideas de lecturas, vídeos e películas para as aulas. 
Ademais, propuxemos como actividade para "celebrar" dalgún xeito esta festividade que os maiores versionen contos de medo que logo os máis pequenos verán nas súas aulas.
Estamos desexando ver o resultado. 


A gozar. 

venres, 16 de outubro de 2020


Estamos de volta!

Benvidos e benvidas a todos neste novo curso 2020-2021. A biblioteca de Zongalo Quirico xa está dispoñible seguindo todas as medidas de seguridade e de hixiene para adaptarse a situación actual (vídeo).
Agardamos que nos acompañedes nesta andaina. 


Tedes máis información no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1jY_bQu7pnU2AOadSuj_jtCVgBe6YtzHf/view?usp=sharing

Un saúdo. 

Zongalo Quirico. 


 

xoves, 4 de xuño de 2020

mércores, 19 de xuño de 2019

martes, 28 de maio de 2019

Entrega de carnets aos nenos de 3 anos.

     O 10 de maio de 2019 foron entregados aos nenos e nenas de 3 anos de infantil os carnés de biblioteca como novos lectores. Foron acompañados da súa mestra Mª José.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=609

luns, 27 de maio de 2019

Visita ao Museo de Humor e Parque de Educación Viaria de 1º e 2º de Primaria


            O 7 de Maio de 2019 os nenos/as de 1º e 2º curso de primaria visitamos o Museo do Humor de Fene e o  Parque de Educación Viaria en Barallobre.

     No Museo de Humor o que primeiro vimos foi ao "Galego das Escaleiras",  logo a sala de caricaturas, sala de Banda Deseña e sala de "Humor Negro" e dos Premios Curuxa. Despois uns espellos onde nos viamos moi altos e delgados....E ao rematar merendamos.

   
    No Parque de Educación Viaria vimos sinais, un vídeo e conducimos "karts".

                 Nós pasámolo moi ben!


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/displayimage.php?album=594&pos=82