luns, 17 de xaneiro de 2022

Xa estamos de volta!!

Ola amigos e amigas! Xa estamos de volta despois dunhas xeniais vacacións de Nadal! Quería dicirvos que as portas da miña casa xa están abertas, asique espero vervos pronto por aquí, mergullándovos nas páxinas dun bo libro, consultando información, entreténdovos cos meus xogos de lego, quebracabezas, tangram... Así que aquí os espero, coas ás ben abertas. Un saudo do voso amigo Zongalo Quirico.

mércores, 1 de decembro de 2021

RECOMENDACIONES DÍA DE LA DISCAPACIDAD

HOLA AMIGOS Y AMIGAS. El próximo día 3 de diciembre, se celebra el día de la discapacidad, por lo que desde la biblioteca del centro os recomendamos las siguientes lecturas. Espero que os gusten y que os hagan reflexionar sobre la importancia del respeto y de que todos y todas tenemos capacidades diferentes, lo que nos hace únicos y especiales. Un saludo de vuestro amigo Zongalo Quirico.

luns, 21 de xuño de 2021

Recomendacións para o verán. 

Benqueridos alumnos e alumnas e demais membros da comunidade educativa, rematamos este curso tan atípico e diferente. Agora toca descansar e recargar as pilas, pero para que gocedes tamén dos libros e dos xogos en grupo, ollade as seguintes recomendacións! 






Boas lecturas. 
Zongalo Q. 

Que é un refuxiado?

Saberiades contestar a esta pregunta? Pois para que reflexionedes e aproveitando que o día 20 de xuño se celebrou o día internacional das persoas refuxiadas, deixámosvos este libro para que olledes.



Ningunha persoa elixe ser un refuxiado, nin deberíamos ser tan afortunados ou desafortunados por nacer nun lugar ou outro… Non o esquezades.

Un saúdo.

Zongalo Q.


venres, 11 de xuño de 2021

 Because there is no planet B.


É moi importante visibilizar esta celebración do pasado 5 de xuño sobre o medioambiente, porque a nosa obriga é coidar e respetar o noso planeta. É a única maneira de que todos os habitantes del poidamos gozar da Terra por milleiros de anos máis, e deixar un legado mellor do que nos atopamos.

 Diso entende ben, o cantautor galego Pakolas, que creou unha canción sobre a natureza no seu último libro-cd que adquirimos para a biblioteca. Premede no link para escoitar.

                                  

 Ademais, na biblioteca temos os seguintes fondos de novidades tanto de consulta como en álbum ilustrado que xa ollastes no expositor do corredor.

     







Cómo ben din os nosos nenos e nenas: "O mundo está nas nosas mans", non o esquezades. 

Saúdos. 
Zongalo Q. 

venres, 4 de xuño de 2021

Novidades de xuño.  

Chegamos ao último mes deste curso tan diferente, e aquí deixamos as novidades seleccionadas para este mes que xa podedes ollar no expositor do corredor de infantil. Non saberíamos cal elexir, e vós?



PD: Mañá e o día do medio ambiente, queredes saber máis?

Saúdos. 

Zongalo Quirico. 

venres, 28 de maio de 2021

Letras Galegas 2021: Xela Arias. 

  Estivemos tan axetreados ca semana das Letras Galegas que se nos olvidara subir as nosas creacións artísticas co retrato de Xela. Aquí van!




Quedan moi orixinais decorando os corredores do colexio. 

Un saúdo. 

Zongalo Quirico.