Dende o pasado venres, na biblioteca os
rapaces e rapazas de quinto están a contar contos aos máis pequerrechos. Estes son os contos:
-
3 anos: O lobo e os sete cabritos.
-
4 anos: O libro da selva. -
5 anos: Os Bolechas teñen unha curmá.
-
1º: O lobo Florindo.
Esta actividade durará ata as vacacións.
Moi pronto teredes fotos destes momentos tan máxicos.
Zongalo Quirico avisa da existencia na súa biblioteca duns bruxos e bruxas. Tede coidado con eles e con elas xa que son capaces de botarnos un meigallo.
QUE MEDO!!!!!!!!!!!!!!!!!