luns, 16 de novembro de 2020

Novidades en revistas. 

Xa podedes consultar na biblioteca as revistas do mes de novembro. 

Un saúdo. 

Zongalo Quirico.  

luns, 26 de outubro de 2020

 Comeza unha semana monstruosa...

Chegou o Samaín ao noso colexio, por iso dende o equipo de Biblioteca e o equipo de dinamización da Lingua Galega, elaboramos unha presentación con ideas de lecturas, vídeos e películas para as aulas. 
Ademais, propuxemos como actividade para "celebrar" dalgún xeito esta festividade que os maiores versionen contos de medo que logo os máis pequenos verán nas súas aulas.
Estamos desexando ver o resultado. 


A gozar. 

venres, 16 de outubro de 2020


Estamos de volta!

Benvidos e benvidas a todos neste novo curso 2020-2021. A biblioteca de Zongalo Quirico xa está dispoñible seguindo todas as medidas de seguridade e de hixiene para adaptarse a situación actual (vídeo).
Agardamos que nos acompañedes nesta andaina. 


Tedes máis información no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1jY_bQu7pnU2AOadSuj_jtCVgBe6YtzHf/view?usp=sharing

Un saúdo. 

Zongalo Quirico. 


 

xoves, 4 de xuño de 2020

mércores, 19 de xuño de 2019

martes, 28 de maio de 2019

Entrega de carnets aos nenos de 3 anos.

     O 10 de maio de 2019 foron entregados aos nenos e nenas de 3 anos de infantil os carnés de biblioteca como novos lectores. Foron acompañados da súa mestra Mª José.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=609