mércores, 17 de xuño de 2009

Alicia atopou o chupete

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SjmtnSjoTxI/AAAAAAAAFTU/3Q66yOgOwbk/abm003870.jpgTódolos días chegan nenos á Biblioteca Máxica na hora do recreo. Cada vez achéganse máis, uns pedindo que lles faga un debuxiño na man, outros para charlar un pouco comigo, outros para mirar, outros non sei para que... O caso é que os nenos deste cole son moi divertidos. Está mal que eu o diga, xa que tamén os meus filliños van a este cole, pero sempre que estou cos nenos "ao mogollón" sinto que son ben educados.

Claro, eles berran, porque son nenos, pero non é algo que me volva tola.

Onte a visita foi como cando abres unha billa e sae auga a esgalla. Ao soar a serea do recreo saíron todos a trote, buscando e preguntando onde estaba o chupete (do concurso). "Onde, onde está!" Ian daquí para alá, así un bo pedazo. De súpeto, mentres eu falaba cun neno, todos dicían: "Aquí! Aquí!" Xa se sabe como son os nenos, un o adiviña e todos os demáis repiten a mesma cantinela. Por fin, entre todos recoñeceron que a que primeiro o vira fora...  Tachán!...

ALICIA, de 5ºB.

Non hai dúbida de que Alicia é unha grande observadora. Moitas Felicidades!

Agora só resta que os mestres atopen quen quere beber auga! (Os nenos tamén mo dixeron onte).

Ningún comentario: