mércores, 25 de marzo de 2009

Vai indo o conto...

É moi bonito este traballo dentro do cole.

Traballar rodeada de xente, que fai as súas cousas, pero ao mesmo tempo poder estar aillada traballando, encántame. Oílos e sentir que son diferentes as súas maneiras, os seus ires e vires, faite notar máis forte a importancia dalgunhas cousas. E tamén o paso do tempo, como ocupamos os humanos os días, como aprendemos pouco a pouco e sen percibilo.



Hoxe pintei ao señor barbudo, unha ilustración do século XVIII e que realmente é tan moderna que parece mentira. Na súa barba anidaron unhas aves e el parece que quere quitalos de enriba. É misteriosa.

Cada día, ademais de ilustrar libros con moito detalle teño que preparar outros para futuros días, ou preparar fondos e hai tanto que poder facer, e tan sabroso, que non deixo de sentirme leda e que estou facendo todo o que mellor podía facer, porque mellor xa non se pode sentir unha.

Tamén empecei o conto do "coelliño branco" de Kalandraka, unha versión en branco e negro da carapuchiña vermella, pero con algo de terror. A balea xa ten ollo e casi un pode nadar...

Biblioteca Máxica, 25-03-2009


Ningún comentario: