venres, 8 de maio de 2009

Xa hai gañadora para o concurso da Biblioteca Máxica

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SgldKVLMSwI/AAAAAAAAE20/jm0HVsyXHXA/abm002470.jpg
Hoxe, aínda que con moito retraso, comunicámosvos que xa hai gañadora para o concurso da Biblioteca Máxica adicado aos pais. É a nai de Alicia, de 5º B. Como dato curioso, teño que vos explicar que deu coa resposta correcta desde a súa casa, grazas ás fotos presentes neste blogue e nas galerías de Picasa sobre o mural.

Así que xa foi atopada a "Cynara Cardunculus".

Sempre procuramos que as fotos coa resposta das preguntas do mural estean en Internet, precisamente para que sexa posíbel participar por Internet.

Tras unha conversa cunha nai, que entendera mal de que ia todo isto, quixera lembrar que os concursos que facemos na Biblioteca Máxica, dirixidos alternativamente a nenos, pais e profes, están pensados para estimular a ver o contido -sobre todo o máis miúdo- da Biblioteca e de paso xogar e ver libros. Serven para achegarse e talvez animar tanto a nenos como adultos a participar en construír este grande proxecto, tanto véndo o mural como debuxando, escribindo, ou simplemente dando ideas. Quixera tamén lembrar que o mural e o anticipo do que será a nova biblioteca do CEIP Recimil, que vai ser unha referencia central na actividade do centro cando sexa trasladada á súa ubicación definitiva.

Habería que aclarar, quizá, tamén, que os libros aparecen en diversos idiomas. Tal como son os propios libros das bibliotecas reais. Hai libros en galego, castelán, inglés, mesmo porei algún en chino, en árabe, en francés... porque eu vou pintando libros que van traéndome, libros que queremos todos ou que facemos entre todos e por iso hai variedade. Por outra banda, os libros que están en galego normalmente son os que eu decido.

Por outra parte, volvendo ao tema dos concursos, os premios en sí son o de menos. Aínda que se trate de libros ou cousas relacionadas coas bibliotecas. O importante nos concursos non é gañar, é xogar e divertirse. Se iso non se consegue, deixamos de facelos e en paz.

O vindeiro concurso será para os profesores e profesoras do centro. E como sempre, gañará quen atope primeiro o debuxo misterioso.

Ningún comentario: