venres, 5 de febreiro de 2010

CLUBE DE LECTURA

Onte comezamos co primeiro clube de lectura. Este clube está formado por alumnado de 5ºA e 5ºB. Estivemos parolando e o noso galo xa nos mandou facer tres traballiños para a próxima xuntanza. Imos lembralos:
1-Recomendar un libro ao resto dos compañeiros e compañeiras.
2-Cubrir os datos do libro que imos a ler.
3- Ler ata a páxina 23. OLLO! Só ata esa páxina.

Pero cal é o libro que nos manda ler o noso galo, Zongalo Quirico?

LA CASA DEL ÁRBOL


1 comentario:

Encarna dixo...

Parabéns por ese recén creado club de lectura. Nós imos iniciar o noso club á volta das vacación de de Entroido. Ao mellor nalgunha ocasión podemos realizar algunha xuntanza, Ferrol e Pontedeume non están tan lonxe.
Unha aperta, e un bico moi especial de RAIOTECA para ZONGALO QUIRICO.