sábado, 27 de maio de 2017

Rubicundo

Con motivo da celebración das Letras Galegas, o alumnado de 3º de EP, asistimos ao Teatro Jofre convidados polo Concello de Ferrol  a ver una representación teatral de “Rubicundo”, novela escrita por María Canosa e finalista premio Merlín de Literatura Infantil 2014.
Trata das peripecias dunha nena chamada Erea, que salta polas noites da cama cando sente o renxer dunha bicicleta na que sae o seu enigmático veciño Rubicundo, co seu traxe e sombreiro de copa, para desempeñar o seu insólito oficio: cosedor de ventos. 

Resultounos moi divertida, e ao remate da representación puidemos falar cos personaxes e  retratarnos con eles!!!!!
https://drive.google.com/open?id=0B1aHfCqoF7-_X0dMeWl6SktmR0k
 Premer na imaxe para vela a tamaño orixinal

Ningún comentario: