No mes de setembro tivo lugar na biblioteca unha sesión informativa na que Dolores, a nosa bibliotecaria e por encargo de Zongalo Quirico, explicou aos nenos e nenas de 1º como han de usar na biblioteca os marcadores de libros, previamente elaborados por eles.
Para este alumnado é toda unha novidade poder usar de forma autónoma a biblioteca na hora do recreo.
Premendo na seguinte imaxe accédese á galería da páxina web onde están publicadas unhas poucas fotos como mostra da actividade, neste caso da aula de 1º A.
Ningún comentario:
Publicar un comentario