Exposto o mural cos traballos sobre a nosa cidade que con tanta ilusión se fixeron nas aulas, co título:
PERSONAXES DE FERROL. Pintores, enxeñeiros e mulleres.
Desde a semana do 3 de abril os nenos/as de cada clase, xunto coas súas titoras, poden velo no corredor da biblioteca.
Na aula virtual da páxina web do centro hai publicadas unha relación de actividades elaboradas polo equipo TIC sobre os personaxes traballados. Pódese acceder premendo na imaxe da esquerda ou visitando o seguinte enlace:
Co estudo destes personaxes, o equipo docente de biblioteca quere dar a coñocer a cultura de Ferrol ao longo do tempo e no momento actual.
A vós, nenos e nenas de Infantil e Primaria, grazas polo traballo realizado e un saúdo de parte desta mascota que tanto vos aprecia.
ZONGALO QUIRICO
Ningún comentario:
Publicar un comentario