martes, 17 de abril de 2018

Visita á biblioteca do escritor Carlos López (Chinto)


  O pasado 4 de abril visitounos na biblioteca o humorista e escritor  Carlos López (Chinto) que, xunto co ilustrador David Pintor (Pinto), publica unha viñeta de humor diariamente no xornal “La Voz de Galicia”.
Falounos do seu traballo como xornalista e de que todos os días ten que pensar unha tira cómica para tratar no xornal un tema de actualidade.
Todo o alumnado de 4º lemos este curso un libro escrito por el e ilustrado por Pinto, titulado “Cámbiache o conto”. Nel ofrécennos a súa peculiar versión dos contos clásicos (Carrapuchiña Vermella, O frautista de Hamelín, Cincenta,…) aos que lle dan una reviravolta á súa maneira e fanos rematar dun xeito cómico.
Ensinounos “Minimalario”, outro libro escrito por eles no que aparecen animais comúns, que eles transforman, tamén con humor, nos máis sorprendentes e surrealistas do mundo.
Foi una sesión moi divertida, pasámolo moi ben e ao final “Chinto” asiniunos cunha dedicatoria os exemplares que nós temos de “Cámbiache o conto”.

Premendo  aquí  pódense ver todas as fotos da sesión.

Ningún comentario: