venres, 25 de maio de 2018

VISITA DE ANTÓN CORTIZAS - XOGOS TRADICIONAIS


Antón Cortizas visitou a nosa biblioteca (o 15 e o 22 de maio) para ensinar xogos tradicionais ao noso alumnado.

Xogos con EI:
  • Paxariñas de papel ... que voaban!
  • Lío,lío. 
  • Roda cunha canción: AS ABELLIÑAS de S. MIGUEL.


Fotos do obradoiro de EI publicadas na galería da páxina web, no álbum: Xogos_Antón Cortizas_EI

  






Xogos con 1º e 2º EP:
  • Xogo cunha canción.
  • De novo, unha paxariña de papel, que os nenos ían recortando para facela voar.
  • Un son de bufo.
  • Unha mestra de 1º ofreceuse para participar xunto con Antón.
 Xogos con 3º e 4º EP:
  • Unha paxariña de papel. 
  • Son dun instrumento con canas.
  • Xogo do "bico do galo".
 Xogos con 5º e 6º EP: 
Enlace á páxina web onde tres nenas de 5ºA nos contan como foi a sesión.

 

Fotos dos obradoiros de EP publicadas na galería da páxina web, no álbum: Xogos_Antón Cortizas_EP






Os nenos/as pasárono moi ben e aprenderon novos xogos. 

Na biblioteca temos o libro de Antón Cortizas TASTARABÁS, no que se poden atopar estes e moitos máis xogos.

Ningún comentario: