O 2 de Abril é o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
INFANTIL E XUVENIL, os nenos e nenas de segundo curso de primaria acudiron á biblioteca municipal de Ferrol para celebralo cun CONTACONTOS. Foron recibidos e invitados a escoitar un conto por unha bibliotecaria. Logo, despois desta fermosa lectura, os rapaces poideron gozar da biblioteca collendo libros e lendo no chan e nos asentos infantís. Como agradecemento da súa visita viñeron cuns agasallos da Biblioteca Municipal de Ferrol.
Enlace ao álbum da galería coas fotos desta visita e tamén da visita previa do alumnado de 1°: Biblioteca Municipal .
Ningún comentario:
Publicar un comentario