luns, 10 de maio de 2021

 Letras Galegas 2021: Xela Arias. 

Comezamos a semana das Letras Galegas, para conmemorar o acontecemento que terá lugar o 17 de maio. Este ano a homenaxeada é a escritora Xela Arias. Ao longo desta semana o equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de Biblioteca, colaboramos estreitamente para festexar as nosas letras como se merecen. Imos aló!

Para comezar o luns con bo pé, sorprenderemos lendo ao noso alumnado os mestres e mestras do colexio, e parte do persoal co que traballamos. Esta versión dun poema do libro "Darío a Diario" corre a cargo da nosa coidadora Luz. 

Poema luns. (Picar e escoitar audio)


Tamén deixamos un Genial.ly cos datos máis relevantes da súa vida e obra, porque a través deste xogo descubriredes información que seguro descoñecíades dela. 


Estade atentos a entrada de mañá!  Zongalo Quirico. 



Ningún comentario: