O mural da biblioteca máxica xa está rematado! Parabéns para Carmen Martín! Sen lugar a dúbidas unha ARTISTA (así, con maiúsculas). Sóbranme razóns para comezar o novo curso escolar cheo de ledicia: reencontro coa comunidade escolar do colexio de Recimil (aínda que non podo negar que os nenos e nenas son os meus favoritos), máis espazo para a biblioteca e, por suposto, a súa nova situación nunha das entradas principais e tan chea de arte, libros e ... como non, maxia!
Estou desexando que chegue o mes de outubro para que ese espazo máxico se colme de vida co ir e vir dos nenos e as nenas do centro.
Moitas grazas a Carmen Martín pola contaxiosa ilusión e polo esforzo que empregou neste proxecto!
sábado, 29 de agosto de 2009
venres, 31 de xullo de 2009
Segunda fase da Biblioteca Máxica
É dicir, retomou o traballo na Biblioteca Máxica. O traballo preliminar foi máis laborioso que na primeira fase que se realizou no corredor do colexio. Agora a pintura exténdese ao longo e ao alto do canón da escaleira, polo que foi colocado un sistema de estadas interconectadas que permite o acceso pero que resultan un pouco incómodos. Carmen-e eu mesmo - tivo que aprender a escalar a estrutura e a encaramarse sobre as estreitezas da estada a, por exemplo, seis metros de altura.

O desenvolvemento destes traballos previos á pintura do mural tivo varios pasos.
O primeiro foi dar unha pátina sobre o muro, cousa que Carmen puido completar en tan só un día.
Logo veu o marcado das liñas para os andeis, que por non ser algo especialmente "artístico" puiden asumir eu, co que contribuín ao mural co meu graíño de area. Moi de agradecer foi a axuda de Paco, o director, que nos conseguiu un nivel láser. Paco foi tamén o que marcou, coa axuda deste nivel láser, o andel de arriba de todo. Tras o marcado e grazas á cinta de pintor, reencher os andeis puido facerse en tan só unha hora.
E por fin, tras estes traballos previos, Carmen ten abocetada toda a composición, previamente detallada -ao longo de varios días- nun dos seus cadernos de bocetos.
Logo, en pouco tempo, Carmen xa imprimou a superficie de todos os libros cun fondo branco, e ata lle deu tempo de abocetar os lombos e formas dos libros que están pechados.Ademais, conseguiu acabar a primeira composición, que está adicada á Música.
Convidámosvos a visitar o mural. Tan só chamádenos ao 665 491 386 e concertaremos un día e unha hora para visitar os traballos en proceso e as partes xa rematadas.
luns, 6 de xullo de 2009
A Biblioteca Máxica (II)
...Primeiro os fondos, claro.
xoves, 25 de xuño de 2009
Lecturas para o verán
Aquí tedes unha selección de libros que podedes ler durante as vacacións de verán. Para escollelos contei, coma sempre, coa colaboración do equipo de Biblioteca e do equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. BOAS LECTURAS e ata setembro ... na nova BIBLIOTECA!
xoves, 18 de xuño de 2009
Calvin quere beber
Moitas felicidades!
Etiquetas:
Biblioteca máxica,
Concursos,
Premios
mércores, 17 de xuño de 2009
Alicia atopou o chupete
Claro, eles berran, porque son nenos, pero non é algo que me volva tola.
Onte a visita foi como cando abres unha billa e sae auga a esgalla. Ao soar a serea do recreo saíron todos a trote, buscando e preguntando onde estaba o chupete (do concurso). "Onde, onde está!" Ian daquí para alá, así un bo pedazo. De súpeto, mentres eu falaba cun neno, todos dicían: "Aquí! Aquí!" Xa se sabe como son os nenos, un o adiviña e todos os demáis repiten a mesma cantinela. Por fin, entre todos recoñeceron que a que primeiro o vira fora... Tachán!...
ALICIA, de 5ºB.
Non hai dúbida de que Alicia é unha grande observadora. Moitas Felicidades!
Agora só resta que os mestres atopen quen quere beber auga! (Os nenos tamén mo dixeron onte).
Etiquetas:
Biblioteca máxica,
Concursos,
Premios
venres, 12 de xuño de 2009
Concurso para profes e... propina!
Rematando o curso, case rematada a primeira fase do mural, chegan os últimos concursos da Biblioteca Máxica. Aproveitade a oportunidade de participar!
O primeiro concurso é o que lles tocaba aos/ás profes. Esta é a pregunta:
E como propina, facemos outro concurso para os nenos, que foron os máis participativos. E a pregunta para eles é esta outra:
Quen quere beber auga?
Onde hai un chupete?
Sorte!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)