Letras Galegas 2021: Xela Arias.
Este segundo día, deixamos un novo poema, hoxe na voz da nosa mestra de inglés Ana.
Desexamos que vos guste. Non esquezades premer para escoitar o audio.
Letras Galegas 2021: Xela Arias.
Comezamos
a semana das Letras Galegas, para conmemorar o acontecemento que terá lugar o
17 de maio. Este ano a homenaxeada é a escritora Xela Arias. Ao longo desta
semana o equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de Biblioteca, colaboramos estreitamente
para festexar as nosas letras como se merecen. Imos aló!
Para comezar o luns con bo pé, sorprenderemos lendo ao noso alumnado os mestres e mestras do colexio, e parte do persoal co que traballamos. Esta versión dun poema do libro "Darío a Diario" corre a cargo da nosa coidadora Luz.
Poema luns. (Picar e escoitar audio)
Tamén deixamos
un Genial.ly cos datos máis relevantes da súa vida e obra, porque a través
deste xogo descubriredes información que seguro descoñecíades dela.
Visita a biblioteca das nenas e nenos de 4º/5º de Educación Infantil.
A semana pasada, aproveitamos para levar os nenos e nenas de tres e catro anos a biblioteca. Alí, contamos o conto de "Paxaro Amarelo" e gozaron dun libro no novo rincón de lectura.
Tamén comprobaron que a biblioteca é un espazo do centro cun sinfín de posibilidades, xa que descubriron a zona de xogos habilitada neste curso.
Canto nos gustan estas visitas!
Día do libro.
Boas, no día de hoxe reciclamos a seguinte cita, que para este curso pandémico vén como anel o dedo "Para viaxar lonxe, non hai mellor nave ca un libro" (Emily Dickinson). Con ela celebramos que grazas a lectura podemos imaxinar/descubrir/crear millóns de aventuras, personaxes, lugares... é dicir, viaxar sen movernos do sitio.
No colexio, quixemos facer algo especial para homenaxealo, o noso propio libro de relatos breves, e contalo, para que todos e todas poidamos ver e escoitar as achegas de cada curso.
O resultado final amosa que no noso centro hai moito talento. Achegamos mostras gráficas que o demostran.
Tamén achegamos a aportación da residencia de maiores "Domus VI", que seguro vos emocionará.
E para rematar, recordar que fora dos muros do colexio, os libros habitan entre nós, poderedes atopalos na biblioteca do concello, nas librarías... E este fin de semana na rúa, coa feira do libro. Onde ademais dos libros, estarán as escritoras e os escritores que lles dan vida, non perdades a oportunidade de coñecelas e coñecelos.
Hoxe a entrada é longa, pero e que este día, é un dos meus preferidos.
Saúdos.
Zongalo Quirico.