Xa nos falta menos para rematar esta semana e con ela chegar o gran día da celebración das nosas letras. Aínda nos quedan sorpresas por amosar, xa que polas aulas estades moi creativos.
O noso agasallo de hoxe, é un poema recitado pola mestra de relixión, Carmen. Un bo poema para reflexionar sobre os extremos e sobre o que implica gañar ou perder... E vós? que pensades sobre isto?
Bo mércores. Nesta semana das letras, amosámosvos como os nosos libros saen da biblioteca a encher outros recunchos. Este expositor contén algunha das obras da homenaxeada e está situado na entrada de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Este curso os libros están en movemento constante.
O poema de hoxe na voz do mestre de inglés Mr. David, é un dos máis musicalizados xa que "A banda da Loba" fixo a súa versión cun videoclip ben xeitoso, olladeo! Abaixo queda o audio do poema e a súa versión escrita.
Comezamos
a semana das Letras Galegas, para conmemorar o acontecemento que terá lugar o
17 de maio. Este ano a homenaxeada é a escritora Xela Arias. Ao longo desta
semana o equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de Biblioteca, colaboramos estreitamente
para festexar as nosas letras como se merecen. Imos aló!
Para
comezar o luns con bo pé, sorprenderemos lendo ao noso
alumnado os mestres e mestras do colexio, e parte do persoal co que
traballamos. Esta versión dun poema do libro "Darío a
Diario" corre a cargo da nosa coidadora Luz.
Tamén deixamos
un Genial.ly cos datos máis relevantes da súa vida e obra, porque a través
deste xogo descubriredes información que seguro descoñecíades dela.
Estade atentos a entrada de mañá!Zongalo Quirico.
luns, 3 de maio de 2021
Visita a biblioteca das nenas e nenos de 4º/5º de Educación Infantil.
A semana pasada, aproveitamos para levar os nenos e nenas de tres e catro anos a biblioteca. Alí, contamos o conto de "Paxaro Amarelo" e gozaron dun libro no novo rincón de lectura.
Tamén comprobaron que a biblioteca é un espazo do centro cun sinfín de posibilidades, xa que descubriron a zona de xogos habilitada neste curso.
Canto nos gustan estas visitas!
Apertas.
Zongalo Quirico.
venres, 23 de abril de 2021
Día do libro.
Boas, no día de hoxe reciclamos a seguinte cita, que para este curso pandémico vén como anel o dedo "Para viaxar lonxe, non hai mellor nave ca un libro" (Emily Dickinson).Con ela celebramos que grazas a lectura podemos imaxinar/descubrir/crear millóns de aventuras, personaxes, lugares... é dicir, viaxar sen movernos do sitio.
No colexio, quixemos facer algo especial para homenaxealo, o noso propio libro de relatos breves, e contalo, para que todos e todas poidamos ver e escoitar as achegas de cada curso.
O resultado final amosa que no noso centro hai moito talento. Achegamos mostras gráficas que o demostran.
Esperamos que sexa do voso agrado, e non esquezades que "Ler da soños", e soñar é moi importante.
Tamén achegamos a aportación da residencia de maiores "Domus VI", que seguro vos emocionará.
E para rematar, recordar que fora dos muros do colexio, os libros habitan entre nós, poderedes atopalos na biblioteca do concello, nas librarías... E este fin de semana na rúa, coa feira do libro. Onde ademais dos libros, estarán as escritoras e os escritores que lles dan vida, non perdades a oportunidade de coñecelas e coñecelos.
Hoxe a entrada é longa, pero e que este día, é un dos meus preferidos.
Saúdos.
Zongalo Quirico.
mércores, 7 de abril de 2021
Recta final:
O segundo trimestre estivemos ausentes no blogue, xa que a biblio precisaba da nosa atención (organización, limpeza...)
Pero despois de recargar as pilas, xa recibimos as revistas do mes de abril.
ATENTOS! Veñen cargadiñas de artigos ben interesantes. Non deixedes de pedilas dende as aulas.