Este é un xogo que vos propoño para facer nas clases. Chámase "Contos con Arte" e poderá participar todo o colexio. Ao final, os traballos serán representados na "Biblioteca Máxica".
Os mestres e mestras terán todo o curso para planificar os exercicios e organizar o concurso. Os 9 contos seleccionados (un por cada curso) serán plasmados na parede na segunda fase do mural, que será abordada no verán, durante as vacacións.
3 anos – Prehistoria. Bisontes de Altamira
4 anos – Idade Antiga. Pintura exipcia: pintura mural da tumba de Nebamon
pulsa na foto pequena para ampliar):
5 anos – Idade Media. Giotto: San Francisco de Asís predicando aos paxaros
1º primaria – Renacemento. Quinten Massys: A Duquesa Fea
2º primaria – Barroco. Caravaggio: A Medusa
3º primaria – Neoclasicismo. Goya: Caprichos, no. 38: Brabisimo!
4º primaria – Século XIX. Mary Cassatt: Vacacións de verán
5º primaria – Século XX. Picasso: Acróbata con balón
6º primaria - Arte actual. Freud: Autorretrato (Reflexo con dous nenos)
Mecánica do xogo:
Eu propóñovos unha obra de arte para cada curso, correspondente a un período histórico diferente.
A idea é que participen todos os cursos, desde os nenos de 3 anos ata os de 6º de primaria. Como? Moi sinxelo: inspirándose nas imaxes, os nenos e nenas inventarán unha historia, a que lles suxira a obra de arte que lle toque ao seu curso.
Os mestres e mestras terán todo o curso para planificar os exercicios e organizar o concurso. Os 9 contos seleccionados (un por cada curso) serán plasmados na parede na segunda fase do mural, que será abordada no verán, durante as vacacións.
As historias dos contos inspiraranse nas imaxes, pero moi libremente. Cos máis pequenos, loxicamente, as historias non levarán textos. O número de páxinas poderá ser libre, pero no mural só constarán, como moito, catro páxinas, para facer posíbel a lectura desde lonxe.
Estas son as obras de arte correspondentes a cada curso:
3 anos – Prehistoria. Bisontes de Altamira
4 anos – Idade Antiga. Pintura exipcia: pintura mural da tumba de Nebamon
pulsa na foto pequena para ampliar):
5 anos – Idade Media. Giotto: San Francisco de Asís predicando aos paxaros
1º primaria – Renacemento. Quinten Massys: A Duquesa Fea
2º primaria – Barroco. Caravaggio: A Medusa
3º primaria – Neoclasicismo. Goya: Caprichos, no. 38: Brabisimo!
4º primaria – Século XIX. Mary Cassatt: Vacacións de verán
5º primaria – Século XX. Picasso: Acróbata con balón
6º primaria - Arte actual. Freud: Autorretrato (Reflexo con dous nenos)
1 comentario:
¡Qué buena selección de imágenes! Me gustaría ser alumno en este colegio para poder participar en este trabajo.
Felicidades por la idea, y felicidades al centro por llevarla a cabo, no abunda este tipo de iniciativas en nuestro país.
Publicar un comentario