mércores, 23 de febreiro de 2022

23 DE FEBREIRO. "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO"

Hoxe conmemórase o día do nacemento de Rosalía de Castro, poetisa e novelista galega que escribiu tanto en galego como castelán. Considerada entre os grandes poetas da literatura española do século XIX, é unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, non só pola súa achega literaria en xeral e polo feito de que os seus Cantares galegos sexan entendidos como a primeira gran obra da literatura galega contemporánea, senón polo proceso de sacralización ao que foi sometida e que acabou por convertela en encarnación e símbolo do pobo galego. Ademais, é considerada a precursora da poesía española moderna.

Ningún comentario: