venres, 11 de febreiro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, conmemórase o día internacional da muller e a nena na ciencia. Para celebralo, onte veunos a visitar ao colexio Pedro Brandariz para falarnos dunha muller moi importante pero descoñecida para moitos, como é Angela Ruíz Robles. "Dona Angelita", como así se coñecía, naceu en León, aínda que viviu moitos anos en Ferrol, onde se dedicou a unha das súas paixóns, a docencia. E para o colexio Recimil esta muller é especialmente relevante, pois foi profesora deste centro durante anos. Ademais de dedicarse ao ensino, foi inventora entre outra cousas do libro mecánico, precursor do libro electrónico.

Ningún comentario: