xoves, 26 de maio de 2022

mércores, 18 de maio de 2022

 O día da 17 foi o días das Letras Galegas, e esto ano foron dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán. Polo que esta semana propoñemos a seguiente recomendación semanal, para coñecer un pouco sobre a súa vida e obra. 




luns, 21 de marzo de 2022

A Poesía ten a palabra

Día 21 de Marzo, día mundial da poesía. Con este día o que se pretende é apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística. O voso amigo Zongalo convídavos a que veñades á biblio e leades algún dos nosos poemas!

21 de Marzo, Día Mundial do SÍNDROME DE DOWN

É amplamente aceptado que todos deberiamos ter as mesmas oportunidades, poder participar nas mesmas actividades, poder ir aos mesmos lugares e gozar das mesmas experiencias na vida. Pero a realidade é que as persoas con síndrome de down e discapacidade hoxe en día non se benefician dunha participación e inclusión plena e efectiva na sociedade, por iso o lema deste ano é: "Inclusión significa..." Por iso pregúntoche, que significa para ti INCLUSIÓN? E como podes axudar a que o mundo fala do día da Síndrome de Down? Usando moitos calcetíns! Pero non calquera calcetín, usa calcetíns diferentes, brillantes, longos estampados, un só calcetín ou mesmo tres. Anímate!

xoves, 17 de marzo de 2022

mércores, 23 de febreiro de 2022

23 DE FEBREIRO. "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO"

Hoxe conmemórase o día do nacemento de Rosalía de Castro, poetisa e novelista galega que escribiu tanto en galego como castelán. Considerada entre os grandes poetas da literatura española do século XIX, é unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, non só pola súa achega literaria en xeral e polo feito de que os seus Cantares galegos sexan entendidos como a primeira gran obra da literatura galega contemporánea, senón polo proceso de sacralización ao que foi sometida e que acabou por convertela en encarnación e símbolo do pobo galego. Ademais, é considerada a precursora da poesía española moderna.

venres, 11 de febreiro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, conmemórase o día internacional da muller e a nena na ciencia. Para celebralo, onte veunos a visitar ao colexio Pedro Brandariz para falarnos dunha muller moi importante pero descoñecida para moitos, como é Angela Ruíz Robles. "Dona Angelita", como así se coñecía, naceu en León, aínda que viviu moitos anos en Ferrol, onde se dedicou a unha das súas paixóns, a docencia. E para o colexio Recimil esta muller é especialmente relevante, pois foi profesora deste centro durante anos. Ademais de dedicarse ao ensino, foi inventora entre outra cousas do libro mecánico, precursor do libro electrónico.

martes, 8 de febreiro de 2022

martes, 1 de febreiro de 2022

martes, 25 de xaneiro de 2022

NOVIDADES BIBLIOTECA

Bos días amigos e amigas! Han chegado estas novidades á biblioteca, podedes pasar a ollalas cando queirades. Os estou agardando coas ás ben abertas. Un saúdo do voso amigo ZONGALO.

luns, 24 de xaneiro de 2022

luns, 17 de xaneiro de 2022

Xa estamos de volta!!

Ola amigos e amigas! Xa estamos de volta despois dunhas xeniais vacacións de Nadal! Quería dicirvos que as portas da miña casa xa están abertas, asique espero vervos pronto por aquí, mergullándovos nas páxinas dun bo libro, consultando información, entreténdovos cos meus xogos de lego, quebracabezas, tangram... Así que aquí os espero, coas ás ben abertas. Un saudo do voso amigo Zongalo Quirico.

mércores, 1 de decembro de 2021

RECOMENDACIONES DÍA DE LA DISCAPACIDAD

HOLA AMIGOS Y AMIGAS. El próximo día 3 de diciembre, se celebra el día de la discapacidad, por lo que desde la biblioteca del centro os recomendamos las siguientes lecturas. Espero que os gusten y que os hagan reflexionar sobre la importancia del respeto y de que todos y todas tenemos capacidades diferentes, lo que nos hace únicos y especiales. Un saludo de vuestro amigo Zongalo Quirico.

luns, 21 de xuño de 2021

Recomendacións para o verán. 

Benqueridos alumnos e alumnas e demais membros da comunidade educativa, rematamos este curso tan atípico e diferente. Agora toca descansar e recargar as pilas, pero para que gocedes tamén dos libros e dos xogos en grupo, ollade as seguintes recomendacións! 






Boas lecturas. 
Zongalo Q. 

Que é un refuxiado?

Saberiades contestar a esta pregunta? Pois para que reflexionedes e aproveitando que o día 20 de xuño se celebrou o día internacional das persoas refuxiadas, deixámosvos este libro para que olledes.



Ningunha persoa elixe ser un refuxiado, nin deberíamos ser tan afortunados ou desafortunados por nacer nun lugar ou outro… Non o esquezades.

Un saúdo.

Zongalo Q.


venres, 11 de xuño de 2021

 Because there is no planet B.


É moi importante visibilizar esta celebración do pasado 5 de xuño sobre o medioambiente, porque a nosa obriga é coidar e respetar o noso planeta. É a única maneira de que todos os habitantes del poidamos gozar da Terra por milleiros de anos máis, e deixar un legado mellor do que nos atopamos.

 Diso entende ben, o cantautor galego Pakolas, que creou unha canción sobre a natureza no seu último libro-cd que adquirimos para a biblioteca. Premede no link para escoitar.

                                  

 Ademais, na biblioteca temos os seguintes fondos de novidades tanto de consulta como en álbum ilustrado que xa ollastes no expositor do corredor.

     







Cómo ben din os nosos nenos e nenas: "O mundo está nas nosas mans", non o esquezades. 

Saúdos. 
Zongalo Q. 

venres, 4 de xuño de 2021

Novidades de xuño.  

Chegamos ao último mes deste curso tan diferente, e aquí deixamos as novidades seleccionadas para este mes que xa podedes ollar no expositor do corredor de infantil. Non saberíamos cal elexir, e vós?



PD: Mañá e o día do medio ambiente, queredes saber máis?

Saúdos. 

Zongalo Quirico.